Mirto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Arraián")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mirto
Myrtus communis
Myrtus communis
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Myrtales
Familia: Myrtaceae
Subfamilia: Myrtoideae
Tribo: Myrteae
Xénero: Myrtus
L.
Especies

Myrtus communis L.

O mirto, mirta ou arraián (Myrtus communis) é un arbusto da familia das Myrtaceae, nativo do sueste de Europa e do norte de África. Atópase nos xardíns e naturalizado nas catro provincias galegas.

Descrición[editar | editar a fonte]

Arbusto sempre verde e recendente de até 5 m de fuste, de follaxe compacta. As follas son opostas, coriáceas, curtamente pecioladas, de bordo enteiro, ovais ou lanceoladas, de cor verde escura pola face anterior e máis clara polo revés, con glándulas oleíferas transparentes no limbo foliar. Flores brancas, solitarias sobre longos pedúnculos axilares, con cinco pétalos e cinco sépalos, moi recendentes de 1 a 2 cm de ancho. Os estames son amarelos. Florea na primavera. O froito é unha baga comestíbel arredondada de 1 a 1,5 cm de diámetro, de cor azul escura pruinosa ao madurar, acompañado do cáliz na parte superior. Ten moitas sementes, que son espalladas polos paxaros que se alimentan deles.

Usos[editar | editar a fonte]

A miúdo cultívase coma ornamental. As follas, flores e froitos son ricos en óleo aromático empregado en perfumaría. Planta moi sonada na antigüidade, cando a consideraban símbolo do amor e mais da beleza. Con coroas de mirta honrábanse os campións olímpicos.

Distribución[editar | editar a fonte]

O mirto está moi espallado na rexión mediterránea. A outra especie semellante, o mirto do Sahara M. nivellei, restrínxese ás montañas Tassili n'Ajjer no sueste de Alxeria e mais ás Montañas do Tibesti no Chad, co status de especie ameazada. Algúns botánicos non están de acordo con que M. nivellei sexa suficientemente distinta para ser tratada como outra especie.

Simbolismo e usos[editar | editar a fonte]

Mirto común (Myrtus communis) por Thomé, Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885.

Na mitoloxía grega, a mirta considerábase sagrada por Afrodita. As noivas acostumaban a levar coroas de mirta nos casamentos da antiga Grecia. Ademais da extracción do óleo para a elaboración de perfumes, na illa de Sardeña, fan un licor dixestivo chamado mirto, macerando as bagas en augardente.

Variedades e Sinonimia[editar | editar a fonte]

subsp. communis. De Macaronesia até o Paquistán.

  • Myrtus major Garsault, Fig. Pl. Méd.: t. 396 (1764), opus utique oppr.
  • Myrtus minor Garsault, Fig. Pl. Méd.: t. 396 (1764), opus utique oppr.
  • Myrtus acuta Mill., Gard. Dict. ed. 8: 3 (1768).
  • Myrtus baetica (L.) Mill., Gard. Dict. ed. 8: 4 (1768).
  • Myrtus belgica (L.) Mill., Gard. Dict. ed. 8: 2 (1768).
  • Myrtus italica Mill., Gard. Dict. ed. 8: 5 (1768).
  • Myrtus minima Mill., Gard. Dict. ed. 8: 7 (1768).
  • Myrtus littoralis Salisb., Prodr. Stirp. Chap. Allerton: 353 (1796).
  • Myrtus macrophylla J.St.-Hil. in H.L.Duhamel du Monceau, Traité Arbr. Arbust., ed. 2, 1: 208 (1803).
  • Myrtus microphylla J.St.-Hil. in H.L.Duhamel du Monceau, Traité Arbr. Arbust., ed. 2,: 207 (1803).
  • Myrtus romanifolia J.St.-Hil. in H.L.Duhamel du Monceau, Traité Arbr. Arbust., ed. 2, 1: 207 (1803).
  • Myrtus media Hoffmanns., Verz. Pfl.-Kult.: 82 (1824).
  • Myrtus romana (L.) Hoffmanns., Verz. Pfl.-Kult.: 82 (1824).
  • Myrtus angustifolia Raf., Sylva Tellur.: 105 (1838), nom. illeg.
  • Myrtus buxifolia Raf., Sylva Tellur.: 104 (1838), nom. illeg.
  • Myrtus lanceolata Raf., Sylva Tellur.: 105 (1838), nom. illeg.
  • Myrtus latifolia Raf., Sylva Tellur.: 104 (1838), nom. illeg.
  • Myrtus oerstedeana O.Berg, Linnaea 27: 405 (1856).
  • Myrtus sparsifolia O.Berg, Linnaea 27: 402 (1856).
  • Myrtus veneris Bubani, Fl. Pyren. 2: 639 (1899).
  • Myrtus borbonis Sennen, Ann. Soc. Linn. Lyon, n.s., 79: 63 (1923 publ. 1924).
  • Myrtus baetica var. vidalii Sennen & Teodoro, Exsicc. (Pl. Esp.): 6479 (1928).
  • Myrtus italica var. briquetii Sennen & Teodoro, Exsicc. (Pl. Esp.): 6350 (1928).
  • Myrtus italica var. petri-ludovici Sennen & Teodoro, Exsicc. (Pl. Esp.): 6482 (1928).
  • Myrtus acutifolia (L.) Sennen & Teodoro, Bull. Soc. Dendrol. France 68: 14 (1929).
  • Myrtus augustinii Sennen & Teodoro, Bull. Soc. Dendrol. France 68: 16 (1929).
  • Myrtus baui Sennen & Teodoro, Bull. Soc. Dendrol. France 68: 13 (1929).
  • Myrtus briquetii (Sennen & Teodoro) Sennen & Teodoro, Bull. Soc. Dendrol. France 68: 12 (1929).
  • Myrtus christinae (Sennen & Teodoro) Sennen & Teodoro, Bull. Soc. Dendrol. France 68: 15 (1929).
  • Myrtus eusebii (Sennen & Teodoro) Sennen & Teodoro, Bull. Soc. Dendrol. France 68: 11 (1929).
  • Myrtus gervasii (Sennen & Teodoro) Sennen & Teodoro, Bull. Soc. Dendrol. France 68: 12 (1929).
  • Myrtus josephi Sennen & Teodoro, Bull. Soc. Dendrol. France 68: 14 (1929).
  • Myrtus mirifolia Sennen & Teodoro, Bull. Soc. Dendrol. France 68: 13 (1929).
  • Myrtus petri-ludovici (Sennen & Teodoro) Sennen & Teodoro, Bull. Soc. Dendrol. France 68: 15 (1929).
  • Myrtus rodesi Sennen & Teodoro, Bull. Soc. Dendrol. France 68: 14 (1929).
  • Myrtus theodori Sennen, Bull. Soc. Dendrol. France 68: 16 (1929).
  • Myrtus vidalii (Sennen & Teodoro) Sennen & Teodoro, Bull. Soc. Dendrol. France 68: 15 (1929).

subsp. tarentina (L.) Nyman, Consp. Fl. Eur. 2: 245 (1879). Del sur de Europa.

  • Myrtus tarentina (L.) Mill., Gard. Dict. ed. 8: 6 (1768).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mirto". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 29 de abril de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]