Administración apostólica católica albanesa de Albania Meridional
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.443.013 (2017) | ||||
| Lingua usada | lingua albanesa | ||||
| Relixión | catolicismo | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 16.172 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 11 de novembro de 1939 | ||||
A administración apostólica de Albania Meridional (en latín: Administratio Apostolica Albaniae Meridionalis) é unha sé da Igrexa Católica, a única da Igrexa Católica Bizantina Albanesa, e sufragánea da arquidiocese de Tirana-Durrës. En 2010 tiña 3 558 bautizados nunha poboación de 2 137 000 habitantes. Actualmente está á súa cabeza o bispo Giovanni Peragine, B.
Territorio
[editar | editar a fonte]A administración apostólica estende a súa xurisdición sobre os fieis de rito latino e de rito bizantino do sur de Albania, de maioría ortodoxa e islámica. A súa sé é a cidade de Fier, e está estruturada en 8 parroquias.
Historia
[editar | editar a fonte]A administración apostólica foi erixida o 11 de novembro de 1939 coa bula Inter regiones de Pío XII, en territorios da arquidiocese de Durrës. Orixinalment era sufragánea da arquidiocese de Shkodër.
O 25 de xaneiro de 2005 pasou a formar parte da provincia eclesiástica da arquidiocese de Durrës-Tirana (hoxe arquidiocese de Tirana-Durrës).
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Leone Giovanni Battista Nigris (1940 - 1945, renuncia)
- Nicola Vincenzo Prennushi (1946 - 1952, finado)
- Sede vacante (1952 - 1992)
- Ivan Dias (1992 - 1996, nomeado arcebispo de Bombai)
- Hil Kabashi (3 de decembro de 1996 - 15 de xuño de 2017, retirado)
- Giovanni Peragine (15 de xuño de 2017 - 20 de maio de 2024, nomeado bispo coadxutor de Shkodër-Pult)
- Flavio Cavallini (nomeado o 25 de abril de 2026)
