Spyridon Madalenas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Σπυριδων Μαδαλένας
(Spyridon Madalenas)
Spiridione Maddalena.png
Arcebispo da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento3 de novembro de 1824 en Corfú
Ordes
Ordenación sacerdotal30 de marzo de 1850, por Costantino Patrizi Naro
Consagración episcopal9 de decembro en Roma, por Karl August von Reisach
Arcebispo de Corfú
1860 - 1884
PredecesorCarlo Rivelli
SucesorEvangelista Boni

Spyridon Madalenas (en grego: Σπυριδων Μαδαλένας), nado en Corfú o 3 de novembro de 1824 e finado na mesma illa o 1 de agosto de 1884, foi un bispo católico latino grego, arcebispo de Corfú dende 1860 até o seu pasamento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Corfú o 3 de novembro de 1824.[1] Logo de rematar os estudos básicos na súa vila natal, en 1844 trasladouse a Roma para estudar Retórica, Filosofía e Teoloxía no Pontificio Collegio Urbano "De Propaganda Fide".[2] Despois de doutorarse en teoloxía, foi ordenado sacerdote o 30 de marzo de 1850 polo cardeal Costantino Patrizi Naro.[2]

Ao seu regreso a Corfú, en 1851, foi nomeado teólogo da arquidiocese, e entre 1853 e 1856 foi tamén chanceler do arcebispado.[2] A partir de 1855 exerceu tamén de capelán para o Exército Británico,[3] e en 1858 foi tamén nomeado cura da catedral.[2]

Co pasamento do arcebispo Carlo Rivelli en 1858 foi elixido vigairo capitular,[2] e posteriormente preconizado como arcebispo da sé vacante o 23/25 de setembro de 1860.[1][2] Recibiu a consagración episcopal o 9 de decembro en Roma, de mans do cardeal Karl August von Reisach;[2] foi nomeado tamén administrador apostólico da diocese de Zante e Cefalonia, ao ser o seu bispo, Luigi Lastaria, de avanzada idade.[2]

Foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.[4]

Finou no cargo en Corfú, o 1 de agosto de 1884, e foi sucedido por Evangelista Boni, até entón bispo de Zante e Cefalonia.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Sede arcivescovili e vescovili residenziale". Annuario pontificio 1869 (en italiano). Roma: Tipografia della R.C.A. 1869. p. 148. Corfù, Corcyren. Arciv. - Isole Jonie. - Spiridione Maddalena, n. in Corfù 3 nov. 1824, preconizzato 23 set. 1860. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Fisquet, Honoré (1871). "Biographies, portraits et autographes des Pères du Concile". En Frond, Victor. Actes et histoire du Concile Œcuménique de Rome, premier du Vatican 1869 (en francés). París: Lemercier & Cie Imprimeurs. p. 231. Consultado o 19/11/2020. 
  3. Neste período histórico, Corfú formaba parte do protectorado británico dos Estados Unidos das Illas Xónicas.
  4. Catalogo alfabetico di tutti i padri del Concilio Io Ecumenico Vaticano. Osservatore Romano. 1870. p. 29. Maddalena Spiridione, Arcivescovo di Corfù, Amminist. Apostolico di Zante e Cefalonia. 
  5. Œuvre pontificale missionnaire de la Propagation de la foi (1885). "Nouvelles del la Propagande". Les Missions catholiques (en francés) (Lión) XVII (813): 52. La siège archiépiscopal de Corfou étant vacant depuis le 1er août 1884, par la mort de Mgr Spiridion Maddaléne. LL. EE. les cardinaux de la Propagande ont, dans leur réunion du 5 janvier, choisi pour succéder au vénérable et regretté defunt Mgr Evangéliste Boni, des Mineurs Capucins, et ont décidé de prier le Saint-Père de daigner transférer ce prélat du siège de Zante et Cephalonie dont il est évéque, à celui de Corfou. Sa Sainteté da daigné ratifier ce choix et a nommé Mgr Boni, archevêque de Corfou.