Saltar ao contido

Armórica (continente)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reconstrución de placas tal como estaban durante o Devoniano tardío que mostra a localización de Armórica (Am) dentro do superterreo proposto de Hun
Mapa xeolóxico do MacizoArmoricano, o principal afloramento do terreo de Armorica

O antigo (micro)continente de Armórica ou terreo Armoricano, ou ensamblaxe do terreo Armoricano ou microplaca de Armórica foi un mirocontinente ou grupo de fragmentos continentais que se separaron derivando desde Gondwana da que antes formaban parte, ao final do Silúrico e acabaron colisionando con Laurusia ao final do Carbonífero durante a oroxenia varisca ou herciniana. O nome tomouse de Armórica, o nome galo dunha gran parte do noroeste do que hoxe é Francia, que incluía a Bretaña, xa que esta zona se corresponde coa actual localización das unidades rochosas que forman a principal parte deste antigo microcontinente.

Extensión

[editar | editar a fonte]

As principais zonas expostas do terreo Armoricano encóntranse na Bretaña francesa, illas do Canal e partes de Normandía Superior, formando o Macizo Armoricano.[1] Outros fragmentos que se cre que orixinalmente formaban parte da ensamblaxe de terreos de Armórica son as unidades rochosas que forman a parte occidental da Península Ibérica (o chamado Macizo Ibérico), os Vosgos, a Selva Negra, e o Macizo Bohemio.[2][3]

Todos os fragmentos que constituían o microcontinente ou terreo de Armórica pénsase que formaban parte orixinalmente da marxe norte de Gondwana. A deriva iniciouse no Cámbrico e seguiu ata o Ordovícico aínda que Armórica seguía estando aínda bastante próxima a Gondwana como para ser afectada pola glaciación Andina-Sahariana durante o Ordovícico tardío.[2] A completa separación de Gondwana, a través do océano Paleotetis en desenvolvemento, crese que ocorreu ao final do Silúrico.[3] Daquela Armórica estaba separada de Laurusia polo océano Reico. Un posible modelo inclúe Aemórica como parte dun superterreo chamado Hun,[1] mentres que outros modelos móstranos movéndose por separado.[3] O océano Reico pechouse durante o Devoniano e Carbonífero temperán, xa que a súa codia oceánica foi subducida. A oroxenia varisca ou herciniana marca o peche final do océano Reico a medida que os distintos fragmentos continentais, incluíndo Armórica, colisionaron con Laurusia ao final do Carbonífero.[3]

  1. 1,0 1,1 Stampfli, G.M.; von Raumer, J.F.; Borel, J.D. (2002). "Paleozoic evolution of pre-Variscan terranes: From Gondwana to the Variscan collision". En Martínez Catalán, J.R.; Hatcher, R.D. Jr.; Arenas, R.; Díaz García, F. Variscan-Appalachian dynamics: The building of the late Paleozoic basement (PDF). Special Paper 364. Geological Society of America. pp. 263–280. 
  2. 2,0 2,1 Franke, W. (2000). "The mid-European segment of the Variscides: tectonostratigraphic units, terrane boundaries and plate tectonic evolution". En Franke W.; Haak V.; Oncken O.; Tanner D. Orogenic Processes: Quantification and Modelling in the Variscan Belt. Special Publications 179. London: Geological Society. pp. 35–61. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Cocks, L.R.M.; Torsvik, T.H. (2006). "European geography in a global context from the Vendian to the end of the Palaeozoic". En Gee D.G.; Stephenson R.A. European Lithosphere Dynamics (PDF). Memoirs 32. London: Geological Society. pp. 83–95. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de xullo de 2009. Consultado o 30 de xullo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]