Ariberto de Intimian
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 970 (Gregoriano) Capiago Intimiano, Italia (pt) |
Morte | 16 de xaneiro de 1045 (Gregoriano) (74/75 anos) Milán, Italia |
Roman Catholic Archbishop of Milan (en) | |
1018 – 16 de xaneiro de 1045 ← Arnulf II, Archbishop of Milan (en) – Guido da Velate (en) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, bispo católico |
Descrito pola fonte | Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) |
Ariberto (en italiano Ariberto da Intimiano, en lombardo Aribert de Intimian), finado en Monza o 16 de xaneiro de 1045 foi o arcebispo de Milán dende 1018. Foi un bispo-guerreiro belixerante nunha época en que estas figuras eran pouco comúns.[1]
Ariberto chegou a Konstanz en xuño de 1025 xunto con outros bispos do norte de Italia a render homenaxe ao emperador Conrado II, o acosado fundador da dinastía Salier. Aló, a cambio de privilexios, aceptou coroar a Conrado coa Cruz de Ferro da Lombardía, que os potentados ofreceran a Odón II de Blois.[2] O acto tivo lugar o 26 de marzo de 1026 en Milán, posto que Pavia, o lugar habitual para os coroamentos estaba aínda en revoltas contra a autoridade imperial. Viaxou a Roma o ano seguinte para a coroación imperial de Conrado polo papa Xoán XIX o 26 de marzo de 1027; nun sínodo en Laterano negociou a precedencia da arquidiocese de Milán sobre a de Rávena.[3] Posteriormente uniuse a unha expedición militar ao reino de Arles, que Conrado herdara trala morte en 1032 de Rodolfo III de Borgoña, o cal fora respondido por Odón.
Na política italiana, o poder estaba disputado entre os grandes terratenentes (os capitanei) e os seus vasalos da nobreza inferior (os valvassores), aliados cos burgueses das comunas.
Ariberto creouse inimigos entre a nobreza máis baixa, contra os que perpetrara actos violentos e co bispo metropolitano de Rávena, do que ignorara os dereitos episcopais. No norte de Italia iniciouse unha revolta e polo pedimento de Ariberto, o fillo de Conrado, Henrique III, viaxou ao sur dos Alpes no inverno de 1036 a 1037 para reprimila. O emperador, porén, tomou a posición de campión dos valvassores e esixiu a Ariberto que fixese unha defensa contra os cargos recibidos contra el. Ariberto rexeitouno, considerando que el e o emperador eran iguais. O arresto de Ariberto provocou a rebelión da facción milanesa antiimperial, feito visto polos historiadores do século XIX como salvaxemente patriótico. Ariberto escapou da súa prisión e liderou a revolta de Milán. O emperador atopouse incapaz de tomar Milán asediándoo e marchou a Roma, onde os seus esforzos diplomáticos acabaron no illamento de Ariberto dos seus aliados de outrora, especialmente polo célebre decreto do 28 de maio de 1037, que garantiu o arrendamento dos vasalos menores, tanto imperiais coma eclesiásticos.[4] O emperador decidiu destituír o arcebispo e o sucesor de Xoán, o papa Bieito IX excomungou a Ariberto en marzo de 1038. Ese ano, sostivo o carroccio como símbolo de Milán e axiña foi o símbolo das cidades toscanas e de Roma. Ariberto acabou o arcebispado nunha paz relativa, tras acordar o cesamento de hostilidades con Henrique en Ingelheim en 1040.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A carreira de Ariberto foi estudada no seu contexto por H.E.J. Cowdray en "Archbishop Aribert II of Milan," History 51 (1966:1-15), e os conflitos sociais e relixiosos da arquidiocese foron examinados nun capítulo escrito por Cinzio Violante en La società milanese nell'età precomunale (Bari) 1953.
- ↑ John Bagnell Bury, ed. The Cambridge Medieval History: III. Germany and the Western Empire 1922:264.
- ↑ Cambridge Medieval History :264
- ↑ Cambridge Medieval History :266.