Apollo 15

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Apollo 15
Insignia da misión
Insignia da misión
Datos da misión
Misión: Apollo 15
Nome dos módulos: Módulo de mando:
Endeavour
Módulo lunar:
Falcon
Rampla de lanzamento: Centro Espacial Kennedy, Florida
LC 39A
Engalaxe: 26 de xullo de 1971
13:34:00 UTC
Aluaxe: 30 de xullo de 1971
22:16:29 UTC
26° 7' 55.99" N - 3° 38' 1.90" E
Hadley Rille
Tempo AEV lunar: 1º: 6 h 32 min 42 s
2º: 7 h 12 min 14 s
3º: 4 h 49 min 50 s
Total: 18 h 34 min 46 s
Paseo en CSM: 39 min 7 s
Tempo na superficie da Lúa: 66 h 54 min 53,9 s
Cantidade de mostras: 77 kg
Amaraxe: 7 de agosto de 1971
20:45:53 UTC
26°13′N 158°13′O / 26.217, -158.217
Duración: 9 d 00 h 01 m 58 s
Número de órbitas lunares: 74
Tempo en órbitas lunares: 145 h 12 min 41.68 s
Masa: CSM 30.370 kg ;
LM 16.430 kg
Foto da tripulación
E-D: Scott, Worden e Irwin
E-D: Scott, Worden e Irwin
Outras misións
Anterior misión Seguinte misión
Apollo 14 Apollo 16

Apollo 15 foi a novena misión tripulada do programa Apolo (denominado oficialmente AS-510), foi lanzado o 26 de xullo de 1971 mediante un foguete do tipo Saturno V, en dirección á Lúa. Nela participaron os astronautas David R. Scott, James B. Irwin e Alfred M. Worden.[1]

Foi a primeira das misións do tipo J, é dicir, con modificacións na astronave que permitía unha duración do voo de ata 14 días.

Pouco logo de comezar a órbita lunar número 12, o módulo de descenso conseguiu aluar a 26,08º N 3,66º E (a só un centenar de metros do punto teórico na rexión de Hadley-Apeninos, no Mare Imbrium) levando como tripulantes a David R. Scott -comandante-, Alfred M. Worden e James B. Irwin.

Tras aluar, Scott realizou un recoñecemento do terreo a través do zapón superior do módulo lunar, durante 33 min. Tras descender do módulo de aluaxe "Falcon", os astronautas Scott e Irwin empregaron por primeira vez un LRV (Vehículo Explorador Lunar ou Lunar Roving Vehicle, fabricado pola compañía Boeing e a Delco Electronics de General Motors) que percorreu unha distancia total de 27,9 quilómetros.

Durante as 77 h e 55 min de permanencia na superficie do noso satélite, aproveitaron 18 h e 35 min para realizar tres paseos lunares (EVA).

A primeira saída (EVA-1) cunha duración de 6 h e 32 minutos serviu para explorar co rover lunar o bordo da grieta Hadley, instalando unha estación científica, chamada ALSEP, e estudar o chan para rexistrar a temperatura, o fluxo de calor e a condutibilidade térmica.

A segunda saída (EVA-2) supuxo estudar durante 7 h e 13 minutos a fronte da cordilleira dos Apeninos e a recolleita de 46 quilogramos de rochas variadas.

A terceira saída (EVA-3) de 4 h e 50 minutos serviu para realizar experimentos co ALSEP, explorando tamén a grieta Hadley.

Antes de abandonar a superficie lunar, recolleron novas mostras de rochas lunares ata completar os 88 kg, ademais de instalar instrumental xeofísico que supoñía deixar nos biosbardos 549 kg de material, así como un pequeno modelo que representaba a un astronauta cunha placa gravada que contiña o nome dos 14 cosmonautas soviéticos e americanos mortos nos ensaios ou durante os voos espaciais. A engalaxe televisouse por primeira vez mediante unha cámara instalada no rover lunar (LRV).

Mentres isto sucedía, desde o módulo de mando (CM) bautizado "Endeavour", o seu compañeiro Alfred Merril Worden realizaba máis experimentos e fotografías con cámaras de raios X e raios gamma. Worden tamén realizou o primeiro paseo espacial no ceo profundo.[1]

Tamén situou en órbita un subsatélite para efectuar fotografías, e durante o regreso saíu ao espazo (a 315.423 km da Terra) para recoller a película fotográfica xa exposta, nunha EVA de 38 min de duración.

A misión finalizou coa amaraxe no océano Pacífico, sendo os astronautas recolleitos polo portahelicópteros "Okinawa" o 7 de agosto de 1971, tras efectuar 74 órbitas á Lúa e unha viaxe de 295 h, 11 min e 53 s de duración.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Goldstein, Richard (2020-03-18). "Alfred M. Worden, Who Orbited the Moon in 1971, Dies at 88". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-03-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.