Alfred Merrill Worden
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Alfred Merrill Worden | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 7 de febreiro de 1932 |
Jackson | |
Falecemento | 18 de marzo de 2020 |
Sugar Land | |
Causa | Ictus |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade de Michigan, Escola de Piloto de Teste da Força Aérea dos Estados Unidos e Academia Militar dos Estados Unidos |
Ocupación | oficial, astronauta, aviador e enxeñeira aeroespacial |
Premios | Medalla da Paz das Nacións Unidas, United States Astronaut Hall of Fame e Medalha de Serviço Distinto da NASA |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Tripulación do Apollo 15. Worden é o do medio. Á súa esquerda, Scott, e á súa dereita, Irwin.
Alfred Merrill Worden, nado 7 de febreiro de 1932 en Jackson, Míchigan e finado o 17 de marzo de 2020 en Sugar Land, Texas, foi un maior da forza aérea dos EEUU e astronauta da NASA que participou no Apollo 15.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
No ano 1971 participou na misión, protagonizando o primeiro paseo espacial no espazo profundo, de 38 minutos. Xunto cos seus compañeiros, foi posteriormente enxuiciado por aproveitarse persoalmente da súa misión para facer cartos, levando material de correos na viaxe, que venderon despois a unha empresa alemá.[1] Despois do voo foi executivo no Ames Research Center da NASA en California dende 1972 a 1975, pasando logo á industria aerospacial privada. No 1974 publicou un libro de poesía, “Hello Earth: Greetings From Endeavour”.