Apatura ilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Apatura ilia é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Nymphalidae.

Descrición[editar | editar a fonte]

Lepidóptero coas ás dianteiras de 32 a 35 mm, bastante parecida á Apatura iris, distinguíndose polos puntos das ás; esta especie ten dous puntos máis e ademais fáltalle a forma saínte das ás traseiras. A femia é máis grande e carece de tornasolado.

Distribución[editar | editar a fonte]

Distribúese polo Paleártico: Francia, Europa central, falta no norte de Alemaña e chega polo oeste até Asia Oriental. Polo sur chega até Italia central e ao norte de Grecia. Falta nas illas mediterráneas. Distribución moi limitada en España e Portugal.

Pódese observar nos claros de bosques frondosos, sobre chans calcáreos, en lagoas, vales asollados e sobre todo en veigas con pradarías, álamos brancos e álamos tremos.

Fase larvaria[editar | editar a fonte]

A eiruga desenvólvese desde finais de verán até comezo do seguinte, o inverno pásao como eiruga, despois da segunda muda, nas ramas dos álamos. Aliméntase de álamos e salgueiros.

Ameazas[editar | editar a fonte]

Especie moi ameazada en Europa Central, pola desaparición das súas zonas de hábitat.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

As larvas aliméntanse de especies de Salix, Populus tremula e Populus nigra.

Subespecies[editar | editar a fonte]

  • Apatura ilia ilia
  • Apatura ilia barcina
  • Apatura ilia clytie
  • Apatura ilia extensa Le Moult, 1947
  • Apatura ilia herastituta O. Bang-Haas, 1936
  • Apatura ilia here Felder, 1862
  • Apatura ilia hereoides O. Bang-Haas, 1933
  • Apatura ilia huapingensis Yoshino, 1998
  • Apatura ilia phaedra Leech, 1892
  • Apatura ilia praeclara Bollow, 1930
  • Apatura ilia pusilla O. Bang-Haas, 1936
  • Apatura ilia serarum Oberthür
  • Apatura ilia sobrina Stichel
  • Apatura ilia subsobrina Mell, 1952
  • Apatura ilia szechwanensis Le Moult, 1947
  • Apatura ilia ussuriensis (Kurenzov, 1937)
  • Apatura ilia yunnana Mell, 1952[1]
  • Apatura ilia yunnanensis (Le Moult, 1947).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "butterfly corner". Arquivado dende o orixinal o 8 de abril de 2018. Consultado o 23 de maio de 2012.