Anxo López Sueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anxo López Sueiro.

Anxo López Sueiro, nado en 1936, é un político coruñés da Capela. Foi alcalde da súa vila desde as eleccións municipais de 1983 ata 2011.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi administrativo da empresa Endesa, onde chegou a ocupar a presidencia do comité de empresa como sindicalista da UGT e dirixente do PSdeG-PSOE. Desde 1983 a 2003 foi tamén deputado da Deputación da Coruña. Na actualidade está xubilado. É viúvo e ten unha filla.

Foi tamén presidente do Racing de Ferrol entre 1984 e 1993, sendo o segundo mandatario racinguista en número de anos á fronte do club tras Isidro Silveira Cameselle[1].

Deixou a alcaldía de A Capela en 2011[2].


Predecesor:
Celso Pena Puentes
Escudo de A Capela.svg
Alcalde da Capela

1983 - 2011
Sucesor:
Manuel Meizoso López

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outras páxinas[editar | editar a fonte]