Saltar ao contido

Anvita Abbi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnvita Abbi

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 1949 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Delhi, India Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Cornell Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista Editar o valor en Wikidata
Premios

Anvita Abbi (en hindi: अन्विता अब्बी), nada en Delhi o 9 de xaneiro de 1949, é unha lingüista india e erudita das linguas minoritarias, especialmente coñecida polos seus estudos sobre linguas tribais e outras linguas de minorías do sur de Asia.[1] En 2013, foi honrada co Padma Shri, o cuarto premio civil máis alto polo Goberno da India polas súas achegas no eido da lingüística.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Anvita Abbi naceu o 9 de xaneiro de 1949[3][4] no seo dunha familia que produciu unha serie de escritores hindi.[5] Despois de estudar en institucións locais, licenciouse en economía (BA Hons) na Universidade de Delhi en 1968.[3][4] Posteriormente, obtivo un máster en lingüística na mesma universidade con primeira división e primeiro rango en 1970[3][4] e continuou os seus estudos para obter un doutoramento na Universidade Cornell, nos Estados Unidos en 1975,[6] con especialidade en Lingüística Xeral e Lingüística do sur de Asia.[3][4] Traballou como profesora de lingüística no Centro de Lingüística da Escola de Estudos da Lingua, Literatura e Cultura.[7] No presente vive en Nova Delhi.

Área de estudo

[editar | editar a fonte]
Parella andamanesa nunha fotografía de 1876.

A Anvita Abbi atribúeselle unha ampla investigación sobre as seis familias lingüísticas da India[7] e as linguas e a cultura das Illas Andaman[8] que ela fixo como parte do proxecto Endangered Languages Documentation Project (ELDP) en Vanishing Voices of the Great Andamanese (VOGA),[9][10] SOAS, University of London.[11] Os seus estudos de 2003-2004 axudaron a identificar as distintas características de dúas linguas grandes andamanesas, a lingua järawa e a lingua onge, o cal promoveu o concepto dunha sexta familia lingüística da India.[8][12] Investigacións posteriores dos pobos andamaneses realizadas por outros estudosos confirmaron as descubertas de Abbi, ao atopar dous haplogroupos xenéticos na rexión, viz. M31 e M32.[7]

Ela retomou a súa investigación sobre o tema en 2006, concentrándose na morfosintaxe e no léxico de tres linguas moribundas das illas Andaman e descubriu evidencias que demostran que o gran andamanés pertence a unha familia lingüística diferente.[3][4][12] Tamén elaborou un dicionario inglés-gran andamanés-hindi.[13] O seu proxecto actual abrangue a gramática e a evolución das linguas andamanesas e os seus pobos.[3][4][7]

Profesora da JNU, Abbi axudou a 20 estudantes de doutoramento e 29 MPhil nas súas investigacións.[3][4][7]

  1. "Lsi" (PDF). Lsi. 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xullo de 2014. Consultado o 27 de outubro de 2014. 
  2. "Padma 2013". Press Information Bureau, Government of India. 25 de xaneiro de 2013. Consultado o 10 de outubro de 2014. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 "JNU CV" (PDF). JNU CV. 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de outubro de 2014. Consultado o 27 de outubro de 2014. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 "Andamanese CV" (PDF). Andamanese. 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de outubro de 2014. Consultado o 27 de outubro de 2014. 
  5. "JNU Profile". JNU. 2014. Arquivado dende o orixinal o 9 de marzo de 2014. Consultado o 27 de outubro de 2014. 
  6. "Faculty Profile". JNU. 2014. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2014. Consultado o 27 de otubro de 2014. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 "Hans Rausing Endangered Languages Project". Hans Rausing Endangered Languages Project. 2011. Arquivado dende o orixinal o 8 de setembro de 2014. Consultado o 27 de outubro de 2014. 
  8. 8,0 8,1 "Andamanese Intro". Andamanese. 2014. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2014. Consultado o 27 de outubro de 2014. 
  9. "Vanishing Voices of the Great Andamanese". SOAS, University of London. 2014. Consultado o 27 de outubro de 2014. 
  10. "Terra Lingua". Terra Lingua. 2014. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2012. Consultado o 27 de outubro de 2014. 
  11. "ELDP". HRELP. 2014. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2014. Consultado o 27 de outubro de 2014. 
  12. 12,0 12,1 "JNU Research". JNU Research. 2014. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2014. Consultado o 27 de outubro de 2014. 
  13. Anvita Abbi (30 de outubro de 2011). A Dictionary of the Great Andamanese Language: English-Great Andamanese-Hindi. Ratna Sagar. p. 480. ISBN 978-9350361252. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]