Caldeirón (signo)
¶ |
---|
Caldeirón (signo) |
Signos ortográficos |
punto ( . ) coma ( , ) |
Outros signos auxiliares |
antilambda ( < > ) antígrafo ( ¶ ) |
O caldeirón[1] ou antígrafo[2] é un signo tipográfico (¶) que marca a fin dun parágrafo.
Historia
[editar | editar a fonte]A súa forma orixinouse posiblemente a partir dun "C", abreviación do latín "capitulum" (capítulo), que co tempo foi atravesado por varias liñas verticais para que se distinguise mellor.
Na Idade Media empregábase para sinalar nun texto o inicio dunha nova idea ou argumentación. O signo caeu en desuso cando os impresores da segunda metade do século XVI adoptaron a práctica de separar os parágrafos en liñas distintas.
Usos actuais
[editar | editar a fonte]En informática, nos procesadores de texto máis comúns (Microsoft Word, LibreOffice Writer etc.) é un carácter non imprimíbel que marca a fin de parágrafo e que se obtén premendo a tecla “Enter”. Ademais é a icona do botón da barra de ferramentas “Caracteres non imprimíbeis”, cuxa función é mostrar no texto as marcas de fin de parágrafo e outros caracteres de formato ocultos, como as tabulacións, os espazos e os saltos de páxina.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caldeirón.
- ↑ González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-041-4.