Saltar ao contido

Antonov An-12

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonov An-12
 Instancia de
 Parte de
 Baseado en
 Obra derivada
 Uso
Persoas e organizacións
 Deseñador/a
 Desenvolvedor
Produción
 Total producido
1248 Editar o valor en Wikidata
Características
 Autonomía
1942 mn
3075 mn Editar o valor en Wikidata
 Velocidade máxima
419 kn
361 kn
1970 ft/min Editar o valor en Wikidata
 Impulsado por
AI-20M (en) Traducir
AI-20K (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Configuración da á
 Armamento
Nudelman-Rikhter NR-23 (pt) Traducir
cantidade: 4 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Capacidade6 e 100 Editar o valor en Wikidata
Altura94,5 pulgadas Editar o valor en Wikidata
Anchura118 pulgadas Editar o valor en Wikidata
Lonxitude37 m, 531,5 pulgadas e 1.456,5 pulgadas Editar o valor en Wikidata
Masa61 kg Editar o valor en Wikidata
Envergadura38 m e 1.496 pulgadas Editar o valor en Wikidata
Altitude operacional10.200 m e 33.500 pés Editar o valor en Wikidata
Datas
 Entrada en servizo
1959 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
16 de decembro de 1957
1959 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/03nx2l Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O Antonov An-12 (designación da OTAN: Cub) é un avión de transporte turbohélice de catro motores deseñado na Unión Soviética por Antonov. É a versión militar do Antonov An-10 e foi fabricada nun feixe de variantes.

O seu primeiro prototipo voou en decembro do ano 1957. Foron fabricados arredor de 900 unidades, tanto civís como militares, antes de que a produción rematase en 1973. O An-12BP entrou en servizo coas forzas armadas soviéticas en 1959. En termos de configuración, tamaño e capacidade, o avión é semellante ao estadounidense Lockheed C-130 Hercules. Os exemplares militares destinados ás forzas soviéticas estaban equipados cunha torreta defensiva na cola.

Produción chinesa

[editar | editar a fonte]

Nos anos 60 China mercou varios An-12 da Unión Soviética xunto cunha licenza para ensamblar os avións no país. Porén, debido á ruptura Sino-Soviética, a Unión Soviética retirou a súa asistencia técnica. Non foi ata 1974 cando o primeiro An-12 montado na China fixo o seu voo de estrea.

En 1981, as copias chinesas, designadas Shaanxi Y-8, entraron en produción. Dende entón o Y-8 converteuse nun dos transportes máis populares do país, con moitas variantes fabricadas e exportadas. A cabina do navegante dun bombardeiro Tu-16/H-6 foi escollida en vez da orixinal máis pequena do An-12, xa que o bombardeiro H-6 levaba en produción algún tempo. Aínda que o An-12 xa non se fabrica en Rusia ou Ucraína, o Y-8 continúa sendo actualizado e producido na China. O último Y8-F600 é unha empresa conxunta entre Shaanxi Aircraft Company, Antonov Aeronautical Scientific-Technical Complex (ASTC) e Pratt & Whitney Canada. O Y8-F600 ten unha fuselaxe redeseñada, aviónica occidental, motores turbohélice PW150B con hélices R-408, e unha cabina para dous tripulantes acristalada.