Antonov An-28

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonov An-28
PZL M28 (Polish AF) Krzesiny 137RB.jpg
Tipo avión de pasaxeiros de curto alcance
Fabricante Antonov
Primeiro voo setembro de 1969
Principais usuarios Aeroflot
Unidades construídas 191
Variantes PZL M-28 Skytruck

O Antonov An-28 (designación da OTAN: Cash) é un bimotor turbohélice lixeiro desenvolvido a partir do Antonov An-14M. Foi o gañador dunha competición contra o Beriev Be-30 para ser usado por Aeroflot como avión de paseiros de curto alcance. Realizou o seu primeiro voo no mes de setembro de 1969.

Fabricáronse un total de 191 unidades, dos que no ano 2006 aínda estaban en servizo 68. Despois dunhas pequenas series de preprodución construídas por Antonov, foi licenzado á polaca PZL-Mielec. En 1993 PZL-Mielec desenvolveu a súa propia variante mellorada, o PZL M-28 Skytruck.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O An-28 é semellante ao An-14 en moitos aspectos, coo a estrutura da á e as dúas derivas, pero ten unha fuselaxe máis grande e motores turbohélice en lugar dos motores de pistón do An-14. O An-28 voou por primeira vez como un An-14 modificado en 1969. O seguinte modelo de pre-produción non voaría ata 1975.

En configuración de pasaxe pode levar ata 15 persoas, ademais dos seus dous pilotos.[1] A fabricación foi transferida a PZL-Mielec no ano 1978. O primeiro avión de fabricación polaca non voaría ata 1984. O An-28 recibiría finamente a súa certificación soviética en 1986.

Variantes[editar | editar a fonte]

An-14A
A designación orixinal de Antonov para unha versión alongada e con dous turbohélices do An-14.
An-14M
Prototipo.
An-28
Transporte bimotor utilitario de curto alcance. Tres fabricados.
An-28RM Bryza 1RM
Avión de busca e rescate e ambulancia aérea.
An-28TD Bryza 1TD
Versión de transporte.
An-28PT
Variante con motores Pratt & Whitney que voou por vez primeira o 22 de xullo de 1993.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Green, W (1976). The Observer's Book of Aircraft. Frederick Warne & Co. p. 254. ISBN 0-7232-1553-7.