Antonio de Soutomaior
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de setembro de 1557 Freixeiro, España |
Morte | 3 de setembro de 1648 (90 anos) Madrid, España |
Inquisidor xeral | |
17 de xullo de 1632 – | |
Arcebispo titular | |
16 de xullo de 1632 – Diocese: Damasco titular see (en) | |
Abade Abadía de Alcalá la Real (en) | |
1632 – | |
Arcebispo católico | |
Confessor of the King of Spain (en) Filipe III de España | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, bispo titular, Inquisidor xeneral |
Membro de | |
Orde relixiosa | Orde dos Predicadores |
Consagración | Cesare, Monti (pt) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
Frei Antonio de Soutomaior, nado na segunda metade do século XVI e morto na primeira do XVII, foi un destacado eclesiástico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Baltasar de Sequeiros e Sabela Ozores de Sotomaior, foi catedrático de Prima no convento dos Dominicos de Santiago de Compostela, alcanzou o cargo de arcebispo de Damasco e desempeñou un dos cargos máis importantes da súa época en relación coa monarquía, ao ter sido confesor real de Filipe IV. Tamén foi nomeado "Inquisidor general" no ano 1632, no que foi unha das maiores etapas de tolerancia e apertura do Santo Oficio, non só pola súa tolerancia cos xudeus senón tamén cos conversos portugueses. Recibiu numerosas críticas por isto e foi substituído tempo despois por Diego Arce Reinoso, quen instaurou un período de forte represión. Xogou un papel fundamental, xunto a outros grandes nobres galegos, na reclamación do voto en cortes do reino de Galiza.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Llorente, Juan Antonio (1822). Historia crítica de la inquisición de España. Madrid: Imprenta del Censor.
- López Arandia, María Amparo (2014). "Un paterfamilias en la corte de Felipe IV: Fray Antonio de Sotomayor" (PDF). Historia y Genealogía (en castelán) (Universidade de Córdoba) (4): 59–74. ISSN 2173-6030.