Fundada en 1972, afunde as súas raíces na Universidade Libre que funcionou na provincia a finais do séculoXIX e contaba con estudos centenarios como os de Veterinaria, únicos en Andalucía.
Os estudos da UCO van dende as Humanidades e as Ciencias Xurídico-Sociais ás Ciencias da Saúde e as carreiras científico-técnicas, tres áreas que se corresponden coa súa estruturación en tres grandes campus: o xurídico social, integrado no centro urbano; o da Saúde, ao oeste da capital, e o agroalimentario, científico e técnico de Rabanales, na área leste. Ademais, a UCO conta coa Escola Politécnica de Belmez, situada a sesenta quilómetros da capital cordobesa.
O campus de Rabanales concentra boa parte da produción científica da Universidade, situada á vangarda da investigación na comunidade autónoma andaluza e entre as institucións investigadoras máis relevantes a nivel nacional.
A Universidade de Córdoba preside o Campus de Excelencia Internacional Agroalimentario (ceiA3).[Cómpre referencia]
Facultade de Medicina e Enfermaría.Facultade de Filosofía e Letras.