Antonio Piñeiro Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Piñeiro Sánchez
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Mugardos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Naval Militar
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1979 Editar o valor em Wikidata -
Carreira militar
Rango militaralmirante general (en) Traducir (2023–)
almirante (en) Traducir (2021–)
vicealmirante (en) Traducir (2018–)
contralmirante (en) Traducir (2015–)
capitán de navío (en) Traducir (2011–)
capitán de fragata (en) Traducir (2003–)
capitán de corveta (1996–)
teniente de navío (en) Traducir (1987–)
alférez de navío (en) Traducir (1984–) Editar o valor em Wikidata

Antonio Piñeiro Sánchez, nado en Mugardos en 1960, é un militar galego da Armada, que na actualidade e desde 2023 é xefe de Estado Maior da Armada, con rango de almirante xeneral.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Piñeiro ingresou na Escola Naval Militar de Ferrol en 1979, e dela saíu cinco anos máis tarde, en 1984, co diploma de alférez de navío en 1984. É especialista en Comunicacións, Guerra Naval e graduado no Colexio de Defensa da OTAN (NADEFCOL).[1]

Durante a súa carreira militar, estivo destinado en misións internacionais como a Guerra do Golfo e a operación Active Endeavour do Mediterráneo, así como en agrupacións permanentes navais da OTAN.[2] Entre os mandos que exerceu están o patrulleiro Laya (P-12), o remolcador oceánico Mahón (A-51), a fragata Álvaro de Bazán e o portaaeronaves Juan Carlos I.[2]

Tamén estivo destinado na Escola Superior das Forzas Armadas (ESFAS), na Dirección de Ensino Naval e na Sección de Intelixencia do Estado Maior da Armada, da que foi xefe.[2]

A partir de 2015, xa como contraalmirante, entrou no núcleo de decisión das Forzas Armadas.[3] Primeiro, entre outubro de 2015 e setembro de 2018 foi asistente de operacións no Mando de Operacións (MOPS) do Estado Maior da Defensa. En setembro de 2018 foi promovido a vicealmirante[4] e elixido para ocupar o cargo de director de Persoal da Armada até outubro de 2021, cando o ascenderon ao cargo de almirante e lle confiaron a Xefatura de Persoal da Armada.[5]

O 25 de abril de 2023 o Consello de Ministros nomeouno xefe de Estado Maior da Armada, o principal mando da Armada española, con grao de almirante xeral[6][7], en substitución do vasco Antonio Martorell, que finara unhas semanas antes.

Como xefe de Estado Maior[editar | editar a fonte]

Nomeou en xuño de 2023 e destituíu tres meses despois, aducindo motivos persoais, o capitán de fragata ourensán Carlos Miguel Abadín[8], que estaba ao mando da fragata Cristóbal Colón.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. "Robles nombra nuevo Almirante Jefe de Estado Mayor de la Armada a Antonio Piñeiro Sánchez" (en castelán). 2023-04-25. Consultado o 2023-04-26. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "El almirante Antonio Piñeiro Sánchez, hasta ahora jefe de Personal, será el nuevo jefe de la Armada" (en castelán). 2023-04-25. Consultado o 2023-04-26. 
  3. Ministerio de Defensa (3 de octubre de 2015). "Real Decreto 885/2015, de 2 de octubre, por el que se promueve al empleo de Contralmirante del Cuerpo General de la Armada, al Capitán de Navío don Antonio Piñeiro Sánchez.". Consultado o 26 de abril de 2023. 
  4. Ministerio de Defensa (22 de septiembre de 2018). "Real Decreto 1198/2018, de 21 de septiembre, por el que se promueve al empleo de Vicealmirante del Cuerpo General de la Armada al Contralmirante don Antonio Piñeiro Sánchez.". Consultado o 26 de abril de 2023. 
  5. InfoDefensa, Revista Defensa. "El almirante Antonio Piñeiro, nuevo jefe de Personal de la Armada" (en castelán). Consultado o 2023-04-26. 
  6. Ministerio de Defensa (26 de abril de 2023). "Real Decreto 320/2023, de 25 de abril, por el que se nombra Jefe de Estado Mayor de la Armada al Almirante del Cuerpo General de la Armada don Antonio Piñeiro Sánchez.". Consultado o 26 de abril de 2023. 
  7. EFE, Agencia (2023-04-25). "El almirante Antonio Piñeiro, nuevo Jefe de Estado Mayor de la Armada" (en castelán). Consultado o 2023-04-26. 
  8. Bañuelos, Javier (2023-09-15). "Defensa cesa al comandante de la fragata más potente de la Armada solo tres meses después de su nombramiento". cadena SER (en castelán). Consultado o 2023-09-17.