Antonio Maseda Bouso
Antonio Maseda Bouso | |
---|---|
Nacemento | 1893 |
Lugar de nacemento | Mondoñedo |
Falecemento | 19 de decembro de 1989 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado, xornalista e político |
Fillos | Elisa Lamas |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antonio Maseda Bouso, nado en Rego dos Cas (Mondoñedo) en 1893 e finado en Madrid o 19 de decembro de 1989[1], foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Viviu dez anos na Inclusa ata que o rescatou o seu pai, José Maseda, emigrante en Cuba. Estudou en Comillas. Doutor en Dereito e en Filosofía e Letras e rexistrador da propiedade. Foi un dos fundadores da Irmandade da Fala mindoniense en 1917. Dirixiu os periódicos Acción Social e Galicia Social Agraria. Presidente da Sociedade de Obreiros Católicos de Mondoñedo, foi presidente da Federación Católico-Agraria de Mondoñedo (1920) e secretario da Confederación Nacional Católico-Agraria (1929). Nas eleccións de 1933 foi candidato agrario de dereitas, pero non resultou elixido.[2] Foi profesor da Escola Normal de Mestres. No franquismo foi Delegado Extraordinario de Protección de Menores. Foi Membro da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación, presidente da Caja Central de Ahorros e da Caja de Pensiones de Cataluña y Baleares.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con María Arango Lamas en 1920,[3] e foi pai de Elisa Maseda Arango.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en ABC
- ↑ Vallibria, 18-11-1933, p. 1.
- ↑ El Ideal Gallego, 10-7-1920, p. 2.