Elisa Lamas
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Elisa Maseda Arango 1929 Mondoñedo, España |
| Morte | 27 de maio de 2012 |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista |
| Pseudónimo literario | Elisa Lamas |
| Familia | |
| Cónxuxe | Manuel Jiménez de Parga (1956–2012) |
| Pai | Antonio Maseda Bouso |
Elisa Maseda Arango, coñecida como Elisa Lamas, nada en Mondoñedo en 1929 e finada o 27 de maio de 2012, foi unha xornalista galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Antonio Maseda Bouso. Fixo o bacharelato por libre. Estudou Dereito na Universidade de Salamanca. Traballou en Madrid nas revistas católicas Signo e Cumbre. Asistiu aos cursos de Xavier Zubiri, onde coñeceu a Manuel Jiménez de Parga, co que casou en 1956. Nos aos sesenta e setenta foi unha das líderes dun movemento feminista que loitaba contra a marxinación da muller, xunto a María Aurelia Capmany, Lidia Falcón, Carmen Alcalde e Magda Oranich. Colaborou nas revistas Destino e El Ciervo e nos periódicos La Vanguardia e Diario 16 con artigos sobre o feminismo, o novo rumbo da Igrexa, a democracia e a liberdade. Foi procesada catro veces polo TOP polos seus artigos en Destino. nas eleccións xerais de 1977 foi candidata ao Congreso pola provincia de Barcelona nas listas da UCD.
Obras
[editar | editar a fonte]- Once historias perversas y una ejemplar, 1986.