Acción Social (Mondoñedo)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Acción Social.
Acción Social foi un periódico bilingüe publicado en Mondoñedo entre 1918 e 1930 como órgano do Centro de Acción Social Católico de Mondoñedo. O primeiro número apareceu o 1 de novembro de 1918, a publicación tiña periodicidade quincenal e con dezaseis páxinas. A súa tiraxe era de entre 1000 e 1200 exemplares. Ideoloxicamente estaba tinxido de tradicionalismo. O seu primeiro director foi Antonio Maseda Bouso e tivo como redactor-xefe a Enrique Costas Márquez e despois a Xosé Trapero Pardo. En 1930 fusionouse con Galicia Agraria para dar lugar a unha nova cabeceira, Galicia Social Agraria.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Acción Social". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Martínez López, Alberto (1986). A prensa católico-agraria en Galiza nas III Xornadas de Historia de Galicia, Ourense.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Galaxia. pp. 21–22. ISBN 84-8288-137-X.