Antonio Lage Méndez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1928 Celeiro, España |
Morte | maio de 2002 (73/74 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
José Antonio Lage Méndez, nado en Celeiro (Viveiro) en 1928 e finado na mesma vila en maio de 2020,[1][2] máis coñecido como Antón da Amora, foi un patrón de pesca galego, pioneiro en ir á pescada do Gran Sol.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do republicano Manuel Lage Vieiro[3] e Carmen Méndez Vizoso, matrimonio que agochou ó guerrilleiro, Marrofer, Manuel Rodríguez Fernández.
A súa labor como descubridor de caladoiros foi un fito para a frota galega e o porto de Celeiro. Coñecido pola defensa dos navíos galegos na guerra das 200 millas capitaneando o barco Nemesia Santos, polas incursión nos mares do Sur co Acacio Vale e co Catalina[4] nos caladoiros do norte. Naufragou ata en tres ocasións. Tivo un papel heroico mandando o Colindres no rescate de embarcacións e mariñeiros na galerna de 1961,[5][6] que describen os historiadores coma Hixinio Puentes. Con forte compromiso social local, loitando polos dereitos dos mariñeiros, a protección da Ría de Viveiro ou estivo vencellado á creación da Asociación de Veciños de Celeiro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ J. Pino (9 de maio de 2020). "Antón da Amora". La Voz de Galicia.
- ↑ "Celeiro despide a Antonio Lage, patrón alto y comprometido". La Voz de Galicia. 9 de maio de 2020.
- ↑ Manuel Lage Vierio na base de datos do proxecto Nomes e voces.
- ↑ , J. Pino (9 de maio de 2021). "La vida marinera del pionero de la pesca de Gran Sol". La Voz de Galicia.
- ↑ Reporteiros (21 de abril de 2013). "A galerna do 61 que sumiu a vila de Celeiro na dor". YouTube.
- ↑ Redacción (20 de xuño de 2010). "«Nada máis chegar a porto apareceu a nai dun que perecera, preguntaba polo fillo»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "As festas de Celeiro, recordando ós náufragos". La Voz de Galicia. 17 de xullo de 2011.
- "Recuerdos del Mar de Celeiro". La Voz de Galicia. 23 de setembro de 2007.
- Ramón Loureiro (21 de xaneiro de 2005). "Memoria da Galerna". La Voz de Galicia.
- María Jesús Souto Blanco. "Memoria Histórica, victimas confirmadas da represión 1936-1940" Concello de Lugo. Ficha Manuel Lage Viveiro