Saltar ao contido

Antonio José Valín Valdés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio José Valín Valdés
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1968 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Bispo de Tui-Vigo
22 de maio de 2024 –
← Luís Quinteiro Fiúza
Administrador diocesano (pt) Traducir
2020 – 4 de setembro de 2021
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Pontificia de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico (1993–), sacerdote católico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Antonio José Valín Valdés, nado en Ribadeo o 24 de febreiro de 1968, é un sacerdote católico e bispo galego.[1]

O 25 de maio de 2024 o Papa Francisco nomeouno bispo da diocese de Tui-Vigo, substituíndo a Mons. Luís Quinteiro Fiuza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1986 ingresou no teologado diocesano de Santiago de Compostela estudando no Instituto Teolóxico Compostelán ata 1992. É bacharel en Teoloxía e ten o Mestrado en Comunicación cristiá pola Universidade Pontificia de Salamanca.[2]

Foi ordenado sacerdote na catedral de Mondoñedo o 14 de marzo de 1993. Foi formador e profesor do seminario de Mondoñedo (1992-1999), director espiritual do seminario maior (2006), director espiritual do seminario maior e menor (2011), formador seminaristas menores diocesanos (2019) e director da residencia universitaria Domus Ecclesiae de Ferrol (2000). Tamén foi profesor do ISCRD «San Agustín» e da EDT.[3]

Foi subdelegado de Pastoral Xuvenil, Vigairía Ferrol (1999), delegado diocesano de Pastoral Vocacional (2002), delegado episcopal de Pastoral de Infancia e Xuventude (2007), secretario de Pastoral (2015/2016) e vicario episcopal para a Evanxelización (2017). Foi membro da delegación de Pastoral Vocacional e do COV de Viveiro, do equipo sacerdotal de Vilalba, do equipo sacerdotal de Vilalba-Abadín-Xermade, do Consello Presbiteral, do Colexio de Consultores, do Consello Diocesano de Goberno e do Consello de Pastoral.[1]

Foi párroco de San Sadurniño (1999), párroco de Santiago de Foz (2012), arcipreste da Terra Chá (2006/2009), arcipreste de Mondoñedo (2012/2016/2019), delegado Ano Xubilar da Misericordia (2015). Foi párroco in solidum e moderador da UPA de Foz (desde 2019) e vicario xeral e moderador da Curia (desde 2021). Todo na diocese de Mondoñedo-Ferrol.[4]

Desde 2018 foi cóengo da catedral de Mondoñedo e consiliario do “Colectivo Campamento Diocesano” desde 2003. Desde o 21 de decembro de 2020 ata o 4 de setembro de 2021 foi administrador diocesano da diocese de Mondoñedo-Ferrol, cando tomou posesión como bispo Fernando García Cadiñanos.[5]

Ten colaborado no programa El Espejo de la diócesis’de COPE Ferrol e na revista Dumio.[2]

Na súa primeira carta tras ser nomeado bispo recalcou: "compartir o que son, os meus soños, as esperanzas, a alegría da fe e a paixón polo Evanxeo e polo Reino do Señor, especialmente cos máis pobres e descartados da nosa sociedade”.[6]

O seu ordeamento está previsto o 20 de xullo de 2024 na Catedral de Tui. É o terceiro bispo nado en Ribadeo, despois de ter sido nomeado o primeiro, Pedro Sarmiento de Villandrando,[7] en 1524, e o segundo, Laureano Veres, no século XIX.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "El sacerdote Antonio José Valín Valdés, nuevo obispo de Tui-Vigo". El Correo Gallego (en castelán). 2024-05-25. Consultado o 2024-05-25. 
  2. 2,0 2,1 "Quién es Antonio Valín, obispo electo de Tui-Vigo". Religión Digital (en castelán). 2024-05-25. Consultado o 2024-05-25. 
  3. Atlántico (2024-05-25). "El Papa nombra al lucense Antonio Valín nuevo obispo de Tui-Vigo". Atlántico (en castelán). Consultado o 2024-06-01. 
  4. Quicios, Rodrigo Moreno (2024-05-25). "Antonio José Valín Valdés, nuevo obispo de Tui-Vigo". Alfa y Omega (en castelán). Consultado o 2024-05-25. 
  5. "Nuevo obispo de Tui-Vigo". evistaecclesia.es. 
  6. Beltrán, José (2024-05-25). "Tui-Vigo estrena obispo: Antonio José Valín Valdés, el vicario ‘fontanero’ de Mondoñedo-Ferrol". Vida Nueva - Revista y portal de noticias religiosas y de Iglesia (en castelán). Consultado o 2024-05-25. 
  7. "500 años después, de nuevo un ribadense obispo de Tui!". www.facebook.com (en castelán). Consultado o 2024-06-01. 
  8. "El ribadense Antonio Valín Valdés es nombrado nuevo obispo de Tui-Vigo". La Comarca del Eo. 1 de xuño de 2024.