Laureano Veres Acevedo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 4 de xullo de 1844 Ribadeo |
| Morte | 30 de xaneiro de 1920 Málaga |
| Bispo titular | |
| 22 de agosto de 1908 – 31 de xaneiro de 1920 ← Giovanni Battista Arista – Jules-Alexandre Cusin (pt) Diocese: Nyssa titular see (en) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (1908–), sacerdote católico (1871–) |
| Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
| Consagración | Diomede Falconio (pt) |
| Familia | |
| Parentes | Adrián Morado Veres, sobriño |
Laureano Veres Acevedo, nado en Ribadeo o 4 de xullo de 1844 e finado en Málaga o 30 de xaneiro de 1920, foi un relixioso galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no seminario de Mondoñedo e fixo Teoloxía en Vitoria e Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Tras ser ordenado sacerdote regresou a Ribadeo, e trala revolución de 1868 emigrou a Buenos Aires, onde foi profesor no Colegio Nacional e inspector escolar. Fundou La América del Sur, o primeiro periódico católico da Arxentina. En 1882 ingresou na Compañía de Xesús, e foi destinado a México, onde fundou varias congregacións e periódicos, e comezou a escribir sobre a historia daquel país. En 1908 foi nomeado bispo honorario de Nissa na igrexa da Trindade de Washington.
Obra
[editar | editar a fonte]- Devocionario en obsequio de los devotos de la Madre Santísima de la Luz (1902).
- El santuario de la Bufa, Zacatecas. Historia de la sagrada imagen de Nuestra Señora del Patrocinio y cultos que se tributan desde el año de 1546 (1904).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]O seu sobriño Adrián Morado Veres foi médico en Bahía Blanca.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, A. (1954). "VERES ACEVEDO, Laureano". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 495.