Antonio García Ameijenda
García Ameijenda | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Antonio García Ameijenda | ||
Nacemento | 11 de febreiro de 1948 | ||
Lugar de nacemento | Neaño | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
1964–1966 | San Lorenzo de Almagro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1967–1974 | San Lorenzo de Almagro | 101 | (17) |
1972–1973 | Red Star FC | 32 | (6) |
1974–1975 | San Lorenzo de Almagro | 28 | (5) |
1975 | Estudiantes de La Plata | 28 | (7) |
1975–1978 | Salamanca | 62 | (7) |
1978 | Huracán | 6 | (0) |
1979 | Gimnasia y Esgrima | 14 | (0) |
1980 | Armenio | 17 | (3) |
1981 | Club Almagro | 17 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Antonio García Ameijenda, nado en Neaño (Cesullas, Cabana de Bergantiños) o 10 de febreiro de 1948,[1] é un exfutbolista galego-arxentino.
Xogaba de centrocampista e destacou principalmente no San Lorenzo de Almagro, co que xogou durante unha década logrando catro campionatos arxentinos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como futbolista
[editar | editar a fonte]Aínda que naceu en Cabana de Bergantiños, aos sete meses de idade marchou para Buenos Aires coa súa familia, que buscaba en terras arxentinas un futuro mellor.[1][2] Xogou ao fútbol dende pequeno e aos 16 anos recibiu a chamada do San Lorenzo de Almagro, que o incorporou ao club.[3]
Debutou co primeiro equipo da man do adestrador brasileiro Tim o 19 de novembro de 1967 contra River Plate no estadio Monumental. Disputou máis de 100 partidos coa camiseta do San Lorenzo, marcando 24 goles e acadando o Campionato Metropolitano de 1968 e o bicampeonato de 1972 (campión do Metropolitano e do Nacional), este baixo a dirección técnica do "Toto" Lorenzo, que lle deu unha personalidade especial ao equipo, coñecido nese período como o "equipo computadora".[4]
En 1970 volveu a Galicia para disputar co seu equipo a 25ª edición do Trofeo Teresa Herrera, onde caeron nos penaltis fronte ao Ferencvárosi de Flórián Albert.[2][5] Entre 1972 e 1973 xogou no Red Star FC de París, volvendo logo ao San Lorenzo, co que gañou o campionato de 1974, converténdose nun dos únicos cinco xogadores de San Lorenzo con catro títulos, xunto a Roberto Telch, Sergio Villar, Victorio Cocco, e Agustín Irusta.[6]
En 1975 pasou brevemente por Estudiantes de La Plata, antes de recalar en España, para xogar tres anos no Salamanca, en Primeira División. Marcou 8 goles en 72 partidos na mellor época do club salmantino, que conseguiu boas clasificacións na liga e chegou a unhas semifinais de Copa do Rei.
Volveu en 1978 á Arxentina, onde xogou no Club Atlético Huracán, no Gimnasia y Esgrima La Plata, no Club Deportivo Armenio e finalmente no Club Almagro.
Como axudante de Veira
[editar | editar a fonte]Despois da súa retirada converteuse en axudante do adestrador Héctor Veira en clubs como San Lorenzo de Almagro e Boca Juniors.[7]
Palmarés
[editar | editar a fonte]San Lorenzo de Almagro
[editar | editar a fonte]- Primeira División Arxentina (4): Metro 1968, Metro 1972, Nacional 1972, Nacional 1974
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Treinta y siete jugadores gallegos". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 30 de agosto de 1978. p. 31.
- ↑ 2,0 2,1 "Ameijenda, un coruñés en el San Lorenzo". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de agosto de 1970. p. 18.
- ↑ "El gallego que soñó hacerse futbolista en La Bombonera y triunfó en San Lorenzo de Almagro" (en castelán). 16 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2021. Consultado o 20 de xaneiro de 2021.
- ↑ La nación
- ↑ "El Teresa Herrera para el Ferencvaros por el sistema de penaltys". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de agosto de 1970. p. 12.
- ↑ "A 40 años del retiro de un crack: la "Oveja" Roberto Telch" (en castelán). 5 de novembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2020. Consultado o 20 de xaneiro de 2021.
- ↑ Redacción (24 de decembro de 1997). "Veira se salió con la suya". lanacion.com.ar (en castelán). Consultado o 26 de xuño de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en Cabana de Bergantiños
- Nados en 1948
- Futbolistas da provincia da Coruña
- Galegos da Arxentina
- Xogadores do CA San Lorenzo de Almagro
- Xogadores do Red Star FC
- Xogadores da UD Salamanca
- Xogadores do Club Estudiantes de La Plata
- Xogadores do CA Huracán
- Xogadores do Gimnasia y Esgrima de La Plata
- Xogadores do Club Deportivo Armenio
- Xogadores do Club Almagro