Saltar ao contido

Antonio Fernández Dorrego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Fernández Dorrego

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1930 Editar o valor en Wikidata
Castro Editar o valor en Wikidata
Morte31 de maio de 2016 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Arganda del Rey Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor en Wikidata

Antonio Fernández Dorrego, nado en Castro (Carballedo) o 12 de xuño de 1930 e finado en Arganda del Rey (Comunidade de Madrid) o 31 de maio de 2016, foi un escultor galego especializado en arte sacra.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Criouse en Carballedo onde empezou tallando un xugo para as vacas e uns zocos.[2] En 1948 marchou a Madrid cunha bolsa da Deputación de Lugo para estudar Belas Artes. En 1952 tamén recibiu unha bolsa da Fundación Carmen del Río.[1] En Madrid contactou con Tomás Parés, Juan de Ávalos, Luís Marco Pérez e Pérez Comendador.

En 1954 abriu un obradoiro en Vallecas co escultor César Juan Moltó. O obradoiro trasladouse a Arganda del Rey en 1970, onde continuou traballando co seu fillo Jesús.[3] Deste obradoiro saíron imaxes para igrexas e confrarías de todo España e outros países.[1]

En 2015 figurou na exposición Orixes creativas, da Deputación Provincial de Lugo con outros 27 artistas que tiveran bolsas da Deputación.[4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

É irmán do tamén escultor Jesús Fernández Dorrego, e pai do arquitecto Lucas Fernández Juan.

Entre outras, o Cristo de Medinaceli de Don Benito, o crucificado da Confraría do Santísimo Cristo da Fe de Murcia, a Piedad da Confraría de Nuestra Señora de la Piedad y Cristo Muerto, do Escorial, o Cristo da Confraría de Esclavos de Nuestro Padre Jesús de Medinaceli, do Escorial, a Virgen de la Esperanza da fachada do Hotel Habaguanex da Habana, o Cristo crucificado do paso da Lanzada da Hermandad de San Juan Apóstol de Campo de Criptana, o Santiago de Pedro Abad (Córdoba), substitución do paso de El descendimiento para Villanueva de los Infantes, Ciudad Real, Nuestra Señora de los Desamparados, de Belchite, Santiago Apóstol de Santa Pola (Alacant). E en 1986 copia o crucificado de Gregorio Fernández.[1][5]

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]
  • 1990: Premio da Cámara de Comercio de Madrid como artesán tradicional.  
  • 2014: O Concello de Carballedo acorda darlle a unha rúa o nome de Irmáns Fernández Dorrego.[6]
  1. 1 2 3 4 de Cora, José (2019-04-03). "Antonio Fernández Dorrego". El Progreso (en castelán).
  2. Nogueira, Charo (1998-04-10). ""Se hace igual un santo que un diablo o un desnudo femenino"". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-09-28.
  3. DORREGO. "Tallados en madera en Arganda del Rey". www.esculturaenmadera.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2023. Consultado o 2023-09-28.
  4. Rede Museística provincial de LUGO (ed.). "EXPOSICIÓN: Orixes Creativas (Artistas pensionados pola Deputación de Lugo 1889-1960)". redemuseisticalugo.org. Arquivado dende o orixinal o 1 de novembro de 2023.
  5. "Imagineros. Antonio Fernández Dorrego". cofradiasyhermandades.e.
  6. "Carballedo hace sitio en su callejero al arte y la historia". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-02-01. Consultado o 2023-09-28.