Antonio Erias
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Antonio Erias Rey | |
1999 – 2003 | |
Sucedido por | Fernando Rodríguez Corcoba |
1999 – 2003 | |
2004 – 2014 | |
1999 – 2003 | |
Sucedido por | Xaime Bello |
Datos persoais
| |
Nacemento | 26 de abril de 1952 (70 anos) Vigo, ![]() |
Partido | Partido Popular |
Cónxuxe/s | si |
Fillos | 3 |
Profesión | Economista, profesor e político |
Residencia | A Coruña |
Antonio Erias Rey, nado en Vigo[1] o 26 de abril de 1952, é un político e economista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado e doutor en Economía pola Universidade de Santiago, é catedrático de Economía aplicada na Universidade da Coruña. Foi decano da facultade de Económicas da Coruña entre 1992 e 1999. É coordinador científico da Fundación Pedro Barrié de la Maza.
Militante do Partido Popular de Galicia, en 1999 abandona o decanato e é escollido polo seu partido para encabezar as listas coruñesas ás municipais de 1999, e aínda que sofre unha severa derrota permanece como voceiro municipal na Coruña. Como tal, foi vicepresidente da deputación da Coruña con José Luis Torres Colomer, entre 1999 e 2003. En 2003 abandona a política municipal e en marzo de 2004 encabeza a lista electoral do PP pola Coruña, e sae elixido como deputado. No Congreso dos Deputados ocupou o cargo de voceiro adxunto da Comisión Economía do Partido Popular, e tamén integrou a comisión de medio ambiente.
Repetiu como cabeza de lista nas eleccións de 2008 e nas de 2011, e nos dous casos resultou elixido.
Obras[editar | editar a fonte]
- Política monetaria y política fiscal, escrito con José Manuel Sánchez Santos. Pirámide, 1998.
- La eficiencia hospitalaria en Galicia: Un análisis no-paramétrico, Banco Pastor, 1998.
- Evaluación ambiental y desarrollo sostenible, escrito con José Manuel Álvarez-Campana Gallo. Anaya, 2007
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña
- Nados en Vigo
- Nados en 1952
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PP
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Profesores da Universidade da Coruña
- Corporación Municipal da Coruña 1999-2003
- Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura)
- Catedráticos da Universidade da Coruña