Antonio Domínguez Olano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Medalla de Galiza.svg
Antonio Domínguez Olano
Nacemento 25 de maio de 1938
  Vilalba
Falecemento 29 de decembro de 2012
Nacionalidade España
Ocupación xornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Antonio Domínguez Olano, coñecido como Antonio D. Olano ou Antonio de Olano, nado en Vilalba o 25 de maio de 1938 e finado en Madrid o 29 de decembro de 2012,[1] foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou en periódicos como La Noche, El Correo Gallego, El Alcázar, Pueblo, Sábado Gráfico, ABC, Gaceta Ilustrada ou La Codorniz. Foi correspondente de guerra en varios países, e colaborou na Cadena SER.

Como autor teatral en lingua castelá estreou 30 obras, destacando Locos por la democracia, Madrid. Pecado moral, Las divinas ou Cara al sol con la chaqueta nueva. Publicou as novelas Los hombres se visten de plata e La España del buitre. Xunto ao seu amigo Borobó escribiu a versión teatral d'A Bela Otero. Con Juan Pardo fixo comedias musicais, e colaborou no disco Galicia miña nai dos dous mares con poemas de Ramón Cabanillas, Curros Enríquez, Rosalía de Castro e el mesmo. Foi galardoado co premio Antonio Machado de contos por Trenes.

Amais, foi guionista de cine e radio, poeta e biógrafo e amigo de Pablo Picasso e Salvador Dalí. Foi comentarista taurino e cronista de Madrid.

Foille concedida a Medalla de Bronce de Galicia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]