Antonio Cañizares
Antonio Cañizares Llovera, nado o 15 de outubro de 1945 en Utiel (Comunidade Valenciana), é un eclesiástico latino e cardeal valenciano, arcebispo metropolitano de Valencia dende 2014.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Valencia o 21 de xuño de 1970 polo seu arcebispo, José María García Lahiguera.
O 6 de marzo de 1992 foi nomeado bispo de Ávila polo papa Xoán Paulo II. Recibiu a consagración episcopal o 25 de abril do mesmo ano, de mans do nuncio Mario Tagliaferri, e tendo como principais co-consagradores ao arcebispo de Toledo Marcelo González Martín e ao de Madrid Ángel Suquía Goicoechea. O 10 de decembro de 1996 foi nomeado arcebispo de Granada.
O 24 de outubro de 2002 foi nomeado arcebispo de Toledo. O papa Bieito XVI creouno cardeal no consistorio do 24 de marzo de 2006. O 4 de outubro de 2014 foi nomeado arcebispo de Valencia.
Obra
[editar | editar a fonte]- Santo Tomás de Villanueva, testigo de la predicación española del siglo XVI (en castelán). Madrid: Instituto Superior de Pastoral. 1973.
- La evangelización, hoy (en castelán). Madrid: Ediciones Marova. 1977.
- Confesión de fe y cultura actual (en castelán). Salamanca: Secretariado Trinitario. 1985.