Camarote de luxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Camarote de luxo
Ficha técnica
Título orixinalCamarote de lujo
DirectorRafael Gil
GuiónRafael Gil
Baseado en"Luz de Luna" de Wenceslao Fernández Flórez
IntérpretesAntonio Casal
María Mahor
Fernando Sancho
MúsicaCristóbal Halffter
FotografíaAlfredo Fraile
MontaxeJosé Antonio Rojo
EstudioAspa Producciones Cinematográficas
DistribuidoraCEA Distribución
EstreaMadrid: 22 de xuño de 1959
Galicia 21 de febreiro de 1986 (TVG)
Duración95 minutos
OrixeEspaña
XéneroComedia

Camarote de luxo (en castelán: Camarote de lujo) é un filme español de 1957 dirixido por Rafael Gil.[1] O guión está baseado na novela "Luz de Luna" de Wenceslao Fernández Flórez que trata do clásico tránsito do mundo rural ó urbano e unha visión sobre a emigración cara a América.[2]

Estreouse en galego o 21 de febreiro de 1986 a través da TVG.[3]

Argumento[editar | editar a fonte]

Un mozo abandona a súa vila e vai á capital, A Coruña, para traballar cun familiar nunha empresa navieira de emigración. Axiña descobre que o xefe extorsiona ós emigrantes ós que vende pasaxes e mesmo trata de roubarlles os papeis a un deles. Pero el, que é un home honrado e sensible, non pode consentir tal inxustiza e devolve os papeis ó emigrante para que poida embarcar de xeito que acaba sendo despedido.[4]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Camarote de lujo. Ficha IMDb
  2. Presentación de Camarote de lujo. Historia de nuestro cine. Rtve
  3. La Voz de Galicia, 21 de febreiro de 1986. Páx. 63
  4. Revista de cine filmaffinity

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bentley, Bernard. A Companion to Spanish Cinema. Boydell & Brewer 2008.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]