Antonio Camacho Benítez
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de maio de 1892 ![]() Málaga, España ![]() |
Morte | 25 de setembro de 1974 ![]() Cidade de México ![]() |
Actividade | |
Ocupación | militar ![]() |
Carreira militar | |
Lealdade | Segunda República Española ![]() |
Rama militar | Forza Aérea da República Española ![]() |
Rango militar | tenente coronel ![]() |
Conflito | guerra civil española ![]() |
Premios | |
![]() |
Antonio Camacho Benítez, nado en Málaga o 24 de maio de 1892 e finado en México en 1974 foi un militar español que loitou na Guerra civil española en defensa da II República Española, encadrado nas Forzas Aéreas da República Española (FARE).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Camacho Berítez procedía da Arma de intendencia cando asistiu a un curso de piloto no aeródromo de Cuatro Vientos e licenciouse na Arma de aviación. Realizou servizos durante a Guerra do Rif, con saídas para abastecer posicións, ametrallamento de columnas inimigas, voos de recoñecemento, etc.[1] En outubro de 1924, durante unha misión o seu avión foi derrubado e resultou ferido, pero durante semanas mantivo a defensa da súa posición, o que lle valeu a concesión dunha Medalla Militar Individual e o ascenso a comandante por méritos bélicos.[1] En 1927, nos últimos anos do reinado de Afonso XIII, foi ascendido a Tenente coronel e nomeado Gentilhombre de Cámara con ejercicio, en recoñecemento á súa actividade nas campañas africanas; até ese ano permanecera en Marrocos realizando servizos.[1]
Despois da proclamación da II República en 1931, cinco anos despois ocupou o mando da Base Aérea de Xetafe e da 1ª Escuada Aérea. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo, que desembocou na Guerra civil, conseguiu que tanto a base como a unidade aérea mantivesen leais ao goberno.[2] Durante a guerra ocupou importantes cargos militares, sendo nomeado subsecretario en 1936, de Aire durante o ministerio de Indalecio Prieto.[3] [4] Nesta etapa reorganizou profundamente as Forzas Aéreas Republicanas, organizando a defensa aérea da retagarda republicana, etc. [1] Tamén foi xefe do 1. ª Rexión Aérea, [5] con base en Alcalá de Henares, e en 1938 foi nomeado xefe das Forzas Aéreas da zona centro-sur[2], sendo substituído na Subsecretaría polo tenente coronel Carlos Núñez Mazas.[6] [7] Nas últimas semanas da guerra, amosouse partidario do Consello de Defensa Nacional e da negociación da paz con Franco, en lugar de continuar coa resistencia e prolongar o conflito.[2] O 16 de febreiro de 1939, durante unha reunión no Aeródromo de Los Llanos co presidente Negrín e outros militares, dixo que contaba con tres escuadróns de bombardeiros "Natachas", dous escuadróns "Katiuskas" e 25 avións tipo "Chato" ou "Mosca".[8] [9] O fracaso das negociacións levouno a abandonar a España republicana, dirixíndose primeiro a Londres e despois a México, onde morreu en 1974.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Pilotos republicanos en México - Antonio Camacho Benítez". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2015. Consultado o 10 de marzo de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Memoria - República - Personajes - Militares 1". www.sbhac.net. Consultado o 2022-08-10.
- ↑ Hugh Thomas, La Guerra Civil Española, pág. 733
- ↑ Ramón Salas Larrazábal, Historia del Ejército Popular de la República, páx. 1084
- ↑ "Asociación de Aviadores de la República". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2012. Consultado o 10 de marzo de 2012.
- ↑ Hugh Thomas, La Guerra Civil Española, pág. 874
- ↑ M. Teresa Suero Roca, Militares republicanos de la Guerra de España, pág. 304
- ↑ Hugh Thomas, La Guerra Civil Española", pág. 957
- ↑ Ramón Salas Larrazábal, Historia del Ejército Popular de la República, pp. 3392-3398
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio Camacho Benítez ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: España |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Historia |