Antonio Alonso Santodomingo
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2013.) |
Antonio Alonso Santodomingo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1844 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Falecemento | 10 de febreiro de 1917 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | empresario |
Fillos | Mauro Alonso Cuenca |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Juan Antonio Alonso Santodomingo, nado en Vigo en 1844 e finado o 10 de febreiro de 1917, foi un empresario galego do sector da conserva, fundador da empresa Palacio de Oriente.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1862 emigrou á Habana, daquela colonia española, onde permaneceu traballando ata 1881 como intermediario comercial entre a illa e a metrópole. Alí casou con Eloísa Giménez-Cuenca, filla dun importante militar de Matanzas. Á volta a Vigo inviste en propiedades inmobiliarias. Alí establece contacto coa industria conserveira e en 1886 comeza pola súa propia iniciativa, ao primeiro coa axuda do socio Benito Albela e a partir de 1890 xa en solitario.
Primeiro comeza a exportar a Francia, coma outros empresarios conserveiros galegos, pero axiña proba novos mercados como Montevideo, México, Porto Rico e Cuba, especialmente este porque gardara amizades e contactos da súa época como emigrante. Diversifica a conserva, integrando verduras, e tamén o proceso pesqueiro, construíndo dous buques para a pesca de ollomol con destino á venda de fresco e escabeche. Con todo, o seu primeiro produto era a sardiña en aceite.
A partir da década dos 90 comeza tamén a súa expansión no mercado complementario da lata, e participa como accionista no lanzamento dunha empresa vasca, a Basconia, que lle faga a competencia a Goitia, monopolizadora do mercado. Xa con parte da dirección da empresa conserveira compartida cos seus fillos, viviu a primeira crise da sardiña, de 1909, da que Palacio de Oriente saíu reforzada polos seus movementos para conseguir sardiña en Huelva. Ao seu falecemento os seus fillos continuarían a saga familiar.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Faro de Vigo. p. 14. VG 955-2010.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Eduardo Martínez Alonso (neto)
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Fernando Torres Carbajo: "Una de las grandes conserveras gallegas"Arquivado 19 de abril de 2019 en Wayback Machine. 7/8/2015 (en castelán).