Eduardo Martínez Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eduardo Martínez Alonso
Eduardo Martínez Alonso.jpg
Nacemento1903
Lugar de nacementoVigo
Falecemento9 de maio de 1972
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico
editar datos en Wikidata ]

Eduardo Martínez Alonso, nado en Vigo en 1903 e finado en Madrid o 29 de maio de 1972, foi un médico e espía galego que traballou para o Reino Unido.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dunha familia burguesa de Vigo, o seu avó era Antonio Alonso Santodomingo, industrial conserveiro fundador de Palacio de Oriente, e o seu pai cónsul de Uruguai. O seu pai primeiro estivo destinado en Glasgow, onde Eduardo se trasladou con oito anos (1912) e logo en Liverpool en 1918. Nesta cidade inglesa é onde Eduardo Martínez Alonso estudou Medicina, na Universidade de Liverpool.

Porén, e antes de rematar os estudos, Eduardo Martínez Alonso trasladouse a Madrid, onde por contactos da súa familia entrou a traballar no hospital da Cruz Vermella. Alí prosperou, montou consulta de seu e converteuse no médico das embaixadas do Reino Unido e dos Estados Unidos. Tamén casou por primeira vez cunha moza británica, que o abandonou e marchou ao Reino Unido.

As guerras[editar | editar a fonte]

A guerra civil española colleuno en Madrid e traballou como doutor para o bando republicano durante o sitio de Madrid. Alí criticou as ordes dos seus mandos, o doutor Julio González Recatero, o que fixo que tivera que abandonar a cidade ás agochadas, primeiro a Valencia e posteriormente a Burgos a través de Marsella, Saint-Jean-de-Luz e Donostia. Xa do bando nacional, foi destinado como médico á fronte do País Vasco e posteriormente a Zaragoza. Ao remate da Guerra foi enviado ao hospital militar de Madrid, onde se ocupou do andazo de tifo, e onde logo se fixo cargo dos servizos médicos da embaixada británica, así como da asistencia aos presos do campo de concentración de Miranda de Ebro. Nesta época casou de segundas cunha moza galega, se ben para os efectos da lei española franquista, que non recoñecía os matrimonios civís realizados con anterioridade, foi a primeira voda.

Na segunda guerra mundial foi recrutado nos servizos de espionaxe británicos, o MI6. Durante a ocupación nazi de Francia, serviu de enlace para a evacuación de perseguidos a través de España ("unha gran cantidade de xudeus de distintas nacións e outros fuxitivos, incluídos soldados, espías e outras persoas relevantes para os aliados"[1]). Coordinado co capitán británico Alan Hillgarth, acollía os refuxiados na súa casa de Vigo ou de Redondela e dende alí embarcábaos cara a América ou cruzaban o río Miño en dirección a Portugal.

Despois da guerra regresou á vida civil, e continuou co exercicio da medicina en Madrid, onde foi xefe do Servizo de Cirurxía Torácica do Hospital Central da Cruz Vermella. Finou en Madrid o 29 de maio de 1972.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Ramona de Vicente Núñez e foi pai de Billle, Timothy e Patricia Martínez de Vicente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CONI, N. Eduardo Martínez Alonso (1903–72): gallant surgeon who undertook special operationsJournal of Medical Biography 2010; 18: 27–34
  2. Necrolóxica en ABC

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]