Antonio Alcalá Galiano
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Antonio Alcalá Galiano, nado en 1789 e finado en 1865, foi un político, orador e escritor español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Deputado a Cortes durante o Trienio liberal de 1820-1823, presidiu a sesión na que se declarou a incapacidade de Fernando VII. Emigrado e Inglaterra, regresou a España en 1834. En 1837 afiliouse ao partido moderado, e foi ministro de Mariña nun goberno presidido por Istúriz e de Fomento noutro presidido por Narváez.
Deixou dúas obras autobiográficas de valor histórico e literario: Recuerdos de un anciano (1878) e Memorias (1886). O seu prólogo a El moro expósito, do duque de Rivas, está considerado como o primeiro manifesto do romanticismo español. Influído polo pensamento político inglés, tendeu cara a unha política pragmatista e unha ideoloxía de tipo liberal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio Alcalá Galiano |
- Ministros de España
- Escritores de Andalucía
- Escritores en lingua castelá
- Académicos da Real Academia Española
- Académicos da Real Academia da Historia
- Literatura do Romanticismo
- Deputados no Congreso dos Deputados
- Políticos do Partido Moderado
- Académicos de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas