Ángel de Saavedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ángel de Saavedra
Nome completoÁngel de Saavedra y Ramírez de Baquedano
Nacemento10 de marzo de 1791 e 19 de marzo de 1791
Lugar de nacementoCórdoba
Falecemento22 de xuño de 1865
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, poeta, dramaturgo e político
CónxuxeMaría de la Encarnación Cueto
FillosGonzalo de Saavedra y Cueto, Enrique de Saavedra e Teobaldo de Saavedra y Cueto
Coñecido porDon Álvaro o la fuerza del sino
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Orde de Santiago e Ordem de São João
Na rede
IMDB: nm0729044 Galiciana: 45613 Musicbrainz: a795d9ca-e3e4-4501-b383-2465ac620138 IMSLP: Category:Saavedra,_Ángel_de Find a Grave: 19109662 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ángel de Saavedra y Ramírez de Baquedano, máis coñecido polo seu título nobiliario Duque de Rivas, nado en Córdoba o 10 de marzo de 1791 e finado en Madrid o 22 de xuño de 1865, foi un dramaturgo, poeta e político español, coñecido polo drama romántico Don Álvaro o La fuerza del Sino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Seminario de Nobres de Madrid durante once anos. Con só nove anos xa lle correspondía por descendencia a Cruz de Cabaleiro de Malta, a Bandeirola da Garda de Corps, o Hábito de Santiago etc. En 1807 foi alférez da Garda Real. Loitou con valentía contra as tropas napoleónicas sendo ferido na batalla de Ontígola. O Xeneral Castaños nomeouno capitán de Cabalaría Lixeira. Obtivo tamén o título de axudante do Estado Maior.

En 1823, Rivas foi condenado a morte polas súas crenzas liberais e por participar no golpe de estado de Riego en 1820. Ademais confiscáronselle os seus bens e fuxiu cara a Inglaterra, despois pasou a Malta onde viviu cinco anos, marchando en 1830 a París. Despois da morte de Fernando VII, regresou a España ao recibir a amnistía reclamando a súa herdanza e o seu título, ademais en 1834 morreu o seu irmán máis vello e foille concedido o título de Duque de Rivas. Dous anos despois foi nomeado Ministro de Gobernación. Logo emigrou a Portugal por pouco espazo de tempo. Ao seu regreso foi elixido senador, alcalde de Madrid, embaixador e ministro plenipotenciario en Nápoles e Francia. Foi Presidente do Consello de Ministros durante un día, do Ateneo de Madrid e da Real Academia Española en 1865.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesías[editar | editar a fonte]

Sonetos[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Fernando Fernández de Córdova
Ángel de Saavedra
Precede a:
Baldomero Espartero
Presidente do Goberno de España