Antinomia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Antinomia, que provén do do grego (anti é contra, e nomos é lei) é un termo empregado na lóxica e a epistemoloxía que, en sentido laxo, significa paradoxo ou contradición irresolúbel.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Immanuel Kant cría que cando a razón pasa a experiencia posíbel, a miúdo cae en varias antinomias, é dicir, perspectivas igualmente racionais pero contraditorias. Aquí, a razón non cumpre a función de estabelecer as verdades racionais porque pasa a experiencia posíbel e vólvese transcendente. Por exemplo, Kant pensaba que se podía razoar a partir da suposición de que o mundo tiña comezo no tempo á conclusión de que non o tiña, e viceversa. Isto forma parte do programa crítico de Kant para determinar os límites da ciencia e da investigación filosófica.

De feito, as antinomias non subliñan as limitacións dos alcances do razoamento lóxico, como a miúdo se cre. Isto débese a que a conclusión de que hai unha limitación derívase (supostamente) da antinomia por razoamento lóxico; por tanto, toda limitación da validez do razoamento lóxico impón unha limitación á conclusión de que o razoamento lóxico ten unha limitación.

En resumo, en canto á validez do razoamento lóxico na súa totalidade, as antinomias íllanse soas; son como descontinuidades dispersas dentro do campo da lóxica, incapaces de pór nada en dúbida, agás a si mesmas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]