Anthony Bonner
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 8 de xuño de 1968 (56 anos) St. Louis, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Vashon High School (en) Universidade Saint Louis | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 203 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 98 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1990 - 2006 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote e Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Sacramento Kings | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Anthony Bonner, nado o 8 de xuño de 1968 en St. Louis, Missouri, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou 6 tempadas na NBA, ademais de facelo na CBA e noutros 7 países diferentes, principalmente na liga ACB, onde militou en tres equipos diferentes. Con 2,03 metros de altura, facíao na posición de ala-pivote.
Traxectoria deportiva
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Xogou durante catro tempadas cos Billikens da Universidade de Sant Louis, onde fixo unha media de 14,8 puntos e 10,7 rebotes por partido.[1] Ten cinco marcas históricas da súa universidade, incluídos os de anotación e rebotes.[2] É tamén o xogador que máis puntos anotou nun partido dos Billikens, con 45 ante Loyola.[3] Foi o máximo reboteador da NCAA en 1990, promediando 13,8 por partido.[4]
Profesional
[editar | editar a fonte]Foi elixido na vixésimo terceira posición do Draft da NBA de 1990 por Sacramento Kings,[5] onde xogou tres tempadas como suplente de Lionel Simmons. A máis destacada foi a tempada 1991-92, na que fixo medias de 9,4 puntos e 6,1 rebotes por partido.[6] Tras ser cortado polos Kings, en 1993 ficha como axente libre con New York Knicks, onde xoga dúas tempadas ás ordes de Pat Riley, alcanzando en 1994 as Finais da NBA onde caeron no sétimo e definitivo partido ante Houston Rockets. Bonner colaborou esa tempada con 5,1 puntos e 4,7 rebotes por encontro.[7]
Tras verse sen equipo, comezou nese momento a súa particular xira mundial, que lle levaría a xogar durante o dez seguintes anos en 15 equipos de 7 países diferentes. Comezou a súa aventura no Buckler Bologna da liga italiana, onde chegou para substituír temporalmente ao lesionado Orlando Woolridge,[8] xogando 12 partidos nos que fixo medias de 16,7 puntos e 2,7 asistencias por partido.[9] Foi repescado ao final da tempada polos Orlando Magic, pero só xogou catro partidos antes de regresar a Europa, xogando unha tempada no PAOK Thessaloniki grego, e ao ano seguinte no Galatasaray turco.
No verán de 1998 cruza de novo o charco para xogar nos "Brujos de Guayama" da liga de Porto Rico, antes de fichar polo Tau Cerámica, onde fixo medias de 12,4 puntos e 8,1 rebotes por partido, gañando a Copa do Rei.[8] Ao ano seguinte ficha polo Breogán Universidade, onde mellorou bastante o seu xogo, aproveitando o verán para volver xogar á liga portorriqueña. En 2001 vaise a xogar ao UNICS Kazan da Superliga Rusa, regresando a España sete partidos despois para fichar polo Fórum Valladolid, o seu último equipo nas ligas europeas. Alí promedia 11,8 puntos e 6,7 rebotes na súa única tempada no equipo.[10] En 2003 regresa a Porto Rico, onde acabará a súa carreira deportiva, con dúas breves incursións nos Great Lakes Storm da CBA e no Peñarol Mar da Prata arxentino. Posteriormente retiraríase.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha de Bonner en TDR
- ↑ Billikens Face Duquesne in A-10 Tournament Opener
- ↑ "Billiken Hall of Famers, Globetrotter Legend Slated to Sign Autographs for Chaifetz Area Grand Opening". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2012. Consultado o 15 de maio de 2010.
- ↑ "NCAA Men's Division 1 Annual Leaders. Rebounding". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2010. Consultado o 15 de maio de 2010.
- ↑ 1990 NBA Draft
- ↑ "1991-92 Sacramento Kings Roster and Statistics". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2011. Consultado o 15 de maio de 2010.
- ↑ "1993-94 New York Knickerbockers Roster and Statistics". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2012. Consultado o 15 de maio de 2010.
- ↑ 8,0 8,1 "Ficha de Bonner en ACB.com". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2011. Consultado o 15 de maio de 2010.
- ↑ "Estatísticas de Bonner en Italia". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2019. Consultado o 15 de maio de 2010.
- ↑ Estatísticas de Bonner en España[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1968
- Nados en St. Louis, Missouri
- Ala-pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Eleccións no Draft da NBA dos Sacramento Kings
- Xogadores dos Sacramento Kings
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores do Virtus Bologna
- Xogadores dos Orlando Magic
- Xogadores do PAOK Tesalónica BC
- Xogadores do Galatasaray SK (baloncesto)
- Xogadores dos Brujos de Guayama
- Xogadores do Saski Baskonia
- Xogadores do Club Baloncesto Breogán
- Xogadores do UNICS Kazan
- Xogadores dos Leones de Ponce
- Xogadores do CB Valladolid
- Xogadores dos Capitanes de Arecibo