Antalis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Antalis
Antalis vulgaris.jpg
Cuncha de Antalis vulgaris
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Scaphopoda
Orde: Dentaliida
Familia: Dentaliidae
Xénero: Antalis
H. Adams & A. Adams, 1854
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Antalis é un xénero de moluscos escafópodos da orde dos dentalíidos (Dentaliida) e da familia do mesmo nome (Dentaliidae),[1] que comprende numerosas especies coñecidas vulgarmente como dentalios.[2]

Caractarísticas[editar | editar a fonte]

As especies de Antalis son moluscos escavadoras, están provistas dunha cuncha cónica e curvada de 4 a 5 cm de lonxitude, oca e aberta en ambos os extremos; a abertura no extremo máis ancho ou anterior da cuncha é denomínase abertura principal. A abertura posterior, máis estreita, coñécese como abertura apical.

No orificio maior ou anterior encóntranse o e a boca. O manto encóntase permanentemente dentro da cuncha. O pé utilízao o animal para escavar tobos no brando substrato no que habitan. O orificio posterior, o da abertura apical, permite a circulación da auga para a evacuación das feces e para o intercambio respiratorio, xa que carecen de branquias.

Viven en sedimentos do fondo mariño, co enterrado na lama ou na area do fondo, alimentándose de organismos microscópicos, detritos e foraminíferos.

A cuncha é exteriormente lisa, non presenta estrías lonxitudinais, o que a diferencia das cunchas das especies do xénero Dentalium (o que fixo que moitas das súas especies foran clasificadas anteriormente dentro de Dentalium), que teñen a mesma forma cónica e curvada pero non lisas, senón con estrías.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero Antalis foi descrito en 1854 polos irmáns Henry e Arthur Adams, malacólogos británicos, na súa obra The genera of recent Mollusca: arranged according to their organization en tres volumes publicados en 1858.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais do nome que lle impuxeron os irmáns adams, e actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[1]

  • Dentale da Costa, 1778
  • Dentalium (Antalis) H. Adams & A. Adams, 1854

Especies[editar | editar a fonte]

Segundo o World Register of Marine Species, o xénero comprende as seguintes especies:[1]

  • Antalis agilis (M. Sars in G. O. Sars, 1872)
  • Antalis albatrossae Scarabino, 2008
  • Antalis alis Scarabino, 2008
  • Antalis antillaris (d'Orbigny, 1853)
  • Antalis ariannae Caprotti, 2015
  • Antalis bartletti (Henderson, 1920)
  • Antalis berryi (A. G. Smith & Gordon, 1948)
  • Antalis boucheti Scarabino, 1995
  • Antalis caprottii Martínez-Ortí & Cádiz, 2012
  • Antalis cerata (Dall, 1881)
  • Antalis circumcincta (Watson, 1879)
  • Antalis dentalis (Linnaeus, 1758)
  • Antalis diarrhox (Watson, 1879)
  • Antalis entalis (Linnaeus, 1758)
  • Antalis gardineri (Melvill, 1909)
  • Antalis glaucarena (Dell, 1953)
  • Antalis guillei Scarabino, 1995
  • Antalis inaequicostata (Dautzenberg, 1891)
  • Antalis inflexa (G. B. Sowerby III, 1903)
  • Antalis intesi (Nicklès, 1979)
  • Antalis longitrorsa (Reeve, 1842)
  • Antalis maestratii Scarabino, 2008
  • Antalis marukawai (Otuka, 1933)
  • Antalis nana (Hutton, 1873)
  • Antalis novemcostata (Lamarck, 1818) [3][4]
  • Antalis occidentalis (Stimpson, 1851)
  • Antalis panorma (Chenu, 1843)
  • Antalis perinvoluta (Ludbrook, 1954)
  • Antalis phanea (Dall, 1895)
  • Antalis pilsbryi (Rehder, 1942)
  • Antalis porcata (Gould, 1859)
  • Antalis pretiosa (Sowerby, 1860)
  • Antalis rossati (Caprotti, 1966)
  • Antalis senegalensis (Dautzenberg, 1891)
  • Antalis suteri (Emerson, 1954)
  • Antalis taphria (Dall, 1889)
  • Antalis tibana (Nomura, 1940)
  • Antalis tubulata (Henderson, 1920)
  • Antalis usitata (E. A. Smith, 1894)
  • Antalis valdiviae (Plate, 1908)
  • Antalis vulgaris (da Costa, 1778) [5][6]
  • Antalis weinkauffi (Dunker, 1877)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Antalis no WoRMS.
  2. dentalio s.m. Molusco escafópodo (Dentalium vulgare), de cuncha tubular e afusada, en forma de dente de elefante [vive en fondos lamacentos, sobre todo no interior das rías]. En: Gran Dicionario Xerais da lingua, Vigo, Xerais, 2009.
  3. Antigamente clasificada como Dentalium novemcostatum Lamarck, 1818.
  4. Dentalium novemcostatum Lamarck, 1818 no WoRMS.
  5. Antigamente clasificada como Dentalium vulgare da Costa, 1778.
  6. Dentalium vulgare da Costa, 1778 no WoRMS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 0-87893-097-3.
  • D'Ancona, Humberto (1972): "Escafópdos" en Tratado de zoología. Tomo II. Zoología especial. Barcelona: Editorial Labor, S. A., pp. 747–748.
  • Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): "Escafópodos o solenoconos", pp. 421.424, en Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1). Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4.
  • Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
  • Meglitsch, P. A. (1986): Zoología de invertebrados, 2ª ed. Madrid: Ed. Pirámide. ISBN 84-368-0316-7.
  • Rolán, Emilio e Otero-Schmitt, Jorge (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-072-3.
  • Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): "Scaphopoda", en Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2, p. 160.
  • Steiner, G. & Kabat, A. R. (2001): "Catalogue of supraspecific taxa of Scaphopoda (Mollusca)" Zoosystema 23 (3): 433-460.Ver en liña.
  • VV. AA. (1968): "Escafópodos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 272–274.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]