Antón Varela Cachaza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntón Varela Cachaza
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor em Wikidata
Canido, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xullo de 2017 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlutier , gaiteiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Antón Varela Cachaza, chamado Tonecho Varela, nado en Canido (Ferrol) en 1955 e finado en Ferrol o 25 de xullo de 2017, foi un gaiteiro e luthier galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como intérprete comezou na percusión, tanxendo tambor e bombo, e despois, nos anos setenta[1], moveuse aos instrumentos de vento, e especialmente a gaita, que serían os que lle deron sona. Iniciouse tocando no cuarteto tradicional Follas Novas, e despois pasou para Os Raparigos, outro cuarteto tradicional con base en Ferrol. Máis tarde pasaría a cofundar o conxunto que tivo máis sona dos seus, Os Cempés, cos que gravou algúns discos chave da música galega nos anos noventa. Xa cando este conxunto estaba na súa última etapa iniciou a súa participación nun grupo máis amplo chamado Berros do Castro. Ademais de instrumentista e compositor, tamén realizou investigación sobre a historia e a representación da gaita galega.

A pesar de traballar inicialmente en Correos e posteriormente nos estaleiros de Bazán en Ferrol, Varela deixou eses oficios para traballar como luthier. Aprendeu a finais dos oitenta o oficio de Seivane[2] en Ribeira de Piquín[1] e xa en 1989 se puxo pola súa conta cun obradoiro de seu en Ferrol Vello. Fabricaba gaitas galegas e outros instrumentos de vento similares, como xeremías[3] mallorquinas ou gaitas senabresas.

Faleceu o 25 de xullo de 2017, por mor dun cancro.[4]

Honras[editar | editar a fonte]

Leva o seu nome un parque de Ferrol, no barrio de Canido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Varela, Antón (Summer 2017). "Mi recorrido con la gaita". Chanter 31 (2). 
  2. "A música tradicional en loito polo pasamento de Antón Varela". Sermos Galiza (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13-03-2018. Consultado o 12-3-2018. 
  3. "Antón Varela | Tromentelo". tromentelo.es. Arquivado dende o orixinal o 13-03-2018. Consultado o 12-3-2018. 
  4. "Galicia pierde al gaitero y luthier Antón Varela". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 19-3-2019. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]