Antón Sánchez García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Antón Sánchez")
Antón Sánchez García
Antón Sánchez García
Antón Sánchez en abril de 2017.

Actualmente no cargo
Dende o 4 de decembro de 2012

Logo de ANOVA-Irmandade Nacionalista.svg
Portavoz nacional de Anova
Actualmente no cargo
Dende o 2017
Precedido por Xosé Manuel Beiras

Datos persoais
Nacemento 1974
Alacant, España
Partido Anova
Twitter @antonsanchezg

Antón Sánchez García, nado en Alacant en 1974, é un enxeñeiro técnico, sindicalista e político galego de Anova, do cal é o portavoz nacional dende o 2017.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Enxeñeiro técnico en xardinería e hortofruticultura pola Escola Politécnica de Lugo, dedicouse á produción hortícola ecolóxica en Bergondo. Membro do Sindicato Labrego Galego, foi coordinador nacional do sector de horta (2006-2008) e forma parte da dirección nacional. É membro da Xunta Directiva do Grupo de Desenvolvemento Rural As Mariñas-Betanzos como representante do sector agrícola. Concelleiro en Bergondo dende 2007, foi candidato á alcaldía nas municipais de 2011 polo BNG. Militante e membro da Coordinadora Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista, é responsable da área de Medio Ambiente e sostibilidade. En 2012 foi candidato de Alternativa Galega de Esquerda ás eleccións ao Parlamento de Galicia pola provincia da Coruña e foi elixido deputado. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixido deputado por En Marea.

No 2017 sucedeu a Xosé Manuel Beiras como portavoz nacional de Anova.[1]

Referencias[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]