Antígono de Caristo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntígono de Caristo
Biografía
Nacementoc. 295 a. C. Editar o valor em Wikidata
Caristo, Grecia Editar o valor em Wikidata
Morteséculo III a. C. Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , historiador , poeta , escultor , biógrafo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século III a. C. Editar o valor em Wikidata)
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Antígono de Caristo (en grego Ἀντίγονος ὁ Καρύστιος; en latín Antigonus Carystius) foi un escritor e broncista grego que viviu no século -III (fl. c. -240).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viviu en Atenas e foi chamado á corte de Átalo I (-241 a -197) en Pérgamo. A súa obra principal é as Vidas dos filósofos, escrita a partir das súas propias experiencias, e da cal se conservan grandes fragmentos nos traballos de Ateneo e Dióxenes Laercio. Tamén se conserva aínda a súa Colección de historias marabillosas, que foron extraídas principalmente de Περὶ θαυμασίων ἀκουσμάτων, atribuída a Aristóteles, e os Θαυμάσια de Calímaco. É dubidoso que se trate do escultor do mesmo nome quen, segundo Plinio (Naturalis Historia, xxxiv. 19), escribiu libros sobre a súa arte.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  •  Varios autores (1910-1911). Antigonus of Carystus «Antigonus of Carystus». En Chisholm, Hugh. Encyclopædia Britannica. A Dictionary of Arts, Sciences, Literature, and General information (en inglés) (11.ª edición). Encyclopædia Britannica, Inc.; actualmente en dominio público. 
  • Keller, Rerum Naturalium Scriptores Graeci Minores, i. (1877)
  • Kopke, De Antigono Carystio (1862)
  • Wilamowitz-Mollendorff, "A. von Karystos", en Philologische Untersuchungen, iv. (1881)
  • Dorandi, Tiziano 1999 Antigone de Caryste. Fragments Paris: Les Belles Lettres.