Anselmo de Friúl
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 720 Cividale del Friuli, Italia (pt) |
| Morte | 803 (Gregoriano) Nonantola, Italia (pt) |
| Abade | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Ocupación | sacerdote católico |
| Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
| Enaltecemento | |
| Día de festividade relixiosa | 3 de marzo |
| Outro | |
| Título | Duque de Friúl (749–751) |
| Irmáns | Giseltrude |
Anselmo, nado en Cividale del Friúl en 723 e morto en Nonantola en 805, foi duque longobardo de Friúl do 749 ao 751, en asociación con Pedro
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Son escasas as informacións directas sobre o personaxe, que ascendeu ao trono ducal de Cividale no 749 (en asociación con Pedro), cando Aistulfo, xa duque tras a elección de Rachis como soberano dos longobardos, se converte á súa vez en rei en Pavia
A tradición da Igrexa católica identifícao con san Anselmo de Nonantola, que abandonaría o trono ducal no 750-751, cando se retirou no mosteiro de Fanano, que el mesmo fundaran un lugar que lle doara o rei Aistulfo, o cal casaría coa súa irmá Xisaltruda. Dous anos máis tarde, sobre o 752, fundou o mosteiro de Nonantola, sempre preto de Módena, para despois dirixirse a Roma, onde o Estevo III lle doou algunhas reliquias de san Silvestre e o nomeou abade de Nonantola. Despois fundou hospitais para pobres e enfermos, pero no 756 foi expulsado de Nonantola polo novo rei longobardo, Desiderio, que emprendera unha vasta operación de reorganización dos mosteiros do reino longobardo para garantirse o seu apoio. Anselmo retirouse a Montecassino ata o 774 cando, deposto Desiderio por Carlomagno, puido volver a Nonantola, onde morreu no 805. Canonizado pola Igrexa Católica, a súa festa é o 3 de marzo.
Unha identificación alternativa, hipotética e indutiva, é, en cambio, co terceiro fillo de Pemón e Ratperga, xunto a Rachis e Aistulfo: Ratchait. Se a correspondencia é correcta, tamén a el se lle aplicaría a cualificación de "valoroso" atribuída por Paulo Diácono a todos os fillos de Pemón. Ratchait aparece na corte de Liutprando xusto antes da deposición do pai a favor de Rachis, no momento no que o soberano ordena o arresto dos que apoiaban ao duque deposto.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Historia dos longobardos, Lorenzo Valla/Mondadori, Milán 1992).