Pemón de Friúl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPemón de Friúl
Biografía
Nacementoséculo VII Editar o valor em Wikidata
Morteséculo VIII Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuke of Friuli (en) Traducir (década de 700–739) Editar o valor em Wikidata
CónxuxeRatperga (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosAistolfo, Ratchis Editar o valor em Wikidata

Pemón (ou Pemmo) (? - post 737) foi duque longobardo de Friúl do 710 aproximadamente ao 737.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Billo, turbulento nobre longobardo de Belluno que despois pasou a Cividale, subiu ao trono ducal tras a deposición de Córvulo, sobre o 710. Tiña a estima de Paulo Diácono, que nace durante o seu reinado e o define como "home intelixente e útil á patria" (Historia Langobardorum, VI, 26); o historiador narra tamén como a muller do duque, Ratperga, lle pediu que buscase outra esposa, máis fermosa ca ela e, xa que logo, máis adaptada ao papel de duquesa. Di Paulo Diácono:

Sed ipse, ut erat vir sapiens, plus eius mores et humilitatem verecundamque pudicitiam quam corporis pulchritudinem sibi conplacere dicebat. De hac igitur coniuge tres Pemmo filios, hoc est Ratchis et Ratchait et Ahistulfum, viros strenuos, genuit. Quorum nativitas humilitatem matris ad gloriam erexit.
Pero el, que era un home sabio, dicía que lle gustaban máis os seus costumes, a humildade e o reservada pudor que a beleza do corpo. Desta muller Pemón tivo tres fillos, Rachis, Ratchait e Aistulfo, todos valorosos, cuxo nacemento elevou á gloria a humildade da nai.

Como varios dos seus predecesores, debeu el tamén facer fronte aos eslavos, aos que derrotou valorosamente e obrigou a aceptar as súas condicións. A batalla tivo lugar en Lauriana e, segundo Paulo Diácono, concluíu coa eliminación dos invasores fronte a unha soa perda da parte longobarda. O historiador precisa tamén que o groso das tropas de Pemón estaba constituído polos fillos xa crecidos dos guerreiros longobardos caídos, sempre por man eslava, co duque Ferdulfo; o mesmo Pemón os criara, acolléndoos "como se tamén eles fosen fillos seus" (Historia Langobardorum, VI, 26).

Pouco máis tarde atopouse enleado nunha grave confrontación co patriarca de Aquileia Calisto, apoiado polo rei Liutprando. O patriarca protestou contra o feito de que o bispo de Zuglio, Fidencio, mudase a sede da súa diocese a Cividale; a decisión foi ratificada tamén polo sucesor de Fidencio, Amador. Calisto, titular da cátedra de Aquileia, vivía en Cormons a causa da excesiva vulnerabilidade da sede patriarcal aos ataques dos bizantinos e valorou inconveniente que outro bispo se asentase na capital ducal. Desterrou, xa que logo, a Amador e estableceuse na súa residencia en Cividale. Pemón non aceptou a resolución patriarcal e procedeu contra Calisto, mandándoo á cadea baixo dure condicións no castelo de Pozio. Na controversia intervén daquela o rei Liutprando, que se situou contra o duque e o privou do título, confiándollo ao máis vello dos fillos de Pemón, Rachis. Intención de Liutprando era a eliminación de Pemón, pero desistiu pola insistencia de Rachis.

Fontes[editar | editar a fonte]