Anselmo Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato de Anselmo Lorenzo

Anselmo Lorenzo, tamén chamado "o avó do anarquismo español", nado en Toledo en 1841 e finado en Barcelona en 1914, foi un dos primeiros anarquistas españois. Foi moi activo no movemento desde a súa reunión con Giuseppe Fanelli en Madrid en 1868, ata a súa morte en 1914.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1871 formou parte con Francisco Mora y González Morango da sección española da Primeira Internacional, participando nunha conferencia en Londres en 1871 defendendo unha postura non marxista.

Exiliouse en París tras verse afectado polo proceso de Montjuic (1896-1897) e á súa volta colaborou na Editorial da Escola Moderna xunto a Francesc Ferrer i Guàrdia. Participou no congreso de Barcelona de 1910 e na fundación da Confederación Nacional do Traballo (CNT).

Na actualidade a CNT conta cunha fundación que leva o seu nome (Fundación de Estudios Libertarios Anselmo Lorenzo).

Obras[editar | editar a fonte]

  • El proletariado militante, 2 vols. 1901-1923.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]