Anne Baxter
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de maio de 1923 Michigan City, Estados Unidos de América |
| Morte | 12 de decembro de 1985 Nova York (Estados Unidos de América) |
| Causa da morte | aneurisma cerebral |
| Lugar de sepultura | Unity Chapel Cemetery (en) |
| Educación | Brearley School Escola Preparatoria dos Ánxeles |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
| Ocupación | actriz de teatro, escritora, actriz de televisión, actriz de cinema, actriz |
| Período de actividade | 1940 |
| Partido político | Partido Republicano |
| Profesores | Maria Ouspenskaya |
| Familia | |
| Cónxuxe | John Hodiak (1946–1953) |
| Fillos | Katrina Hodiak |
| Nai | Catherine Dorothy Wright |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, Indiana Authors and their Books, 1967-1980 |
Anne Baxter, nada en Michigan City, Indiana o 7 de maio de 1923 e finada en Guilford, Nova York o 12 de decembro de 1985, foi unha actriz estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Baxter era filla de Kenneth Stuart Baxter e Catherine Wright. O seu avó materno era o arquitecto Frank Lloyd Wright. Aos dez anos viu en Broadway unha obra con Helen Hayes e quedou tan impresionada que anunciou á súa familia que quería ser actriz. Tres anos despois xa actuaba en Broadway e estudaba con Maria Ouspenskaya.
Aos dezaseis anos conseguiu un contrato de sete anos coa 20th Century Fox. En 1946 gañou o Oscar á mellor actriz secundaria polo seu papel en The Razor's Edge.
En 1950 coprotagonizou con Bette Davis Todo sobre Eva, na que interpretaba o papel de Eve Harrington. Anos despois interpretaría o papel de Margo Channing na versión musical do filme en Broadway.
A partir dos anos sesenta converteuse nunha presenza habitual na televisión, con papeis en series como o da malvada "Zelda the Great" en Batman ou en Ironside. O seu último papel foi na serie Hotel, substituíndo a Bette Davis.
Finou en 1985 vítima dun aneurisma cerebral.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme |
|---|---|
| 1940 | 20 Mule Team |
| The Great Profile | |
| 1941 | Charley's Aunt |
| Swamp Water | |
| 1942 | The Pied Piper |
| The Magnificent Ambersons | |
| 1943 | Crash Dive |
| Five Graves to Cairo | |
| The North Star | |
| 1944 | The Fighting Sullivans |
| The Eve of St. Mark | |
| Sunday Dinner for a Soldier | |
| Guest in the House | |
| 1945 | A Royal Scandal |
| 1946 | Smoky |
| Angel on My Shoulder | |
| The Razor's Edge | |
| 1947 | Blaze of Noon |
| 1948 | Homecoming |
| The Walls of Jericho | |
| The Luck of the Irish | |
| Yellow Sky | |
| 1949 | You're My Everything |
| 1950 | A Ticket to Tomahawk |
| Todo sobre Eva | |
| 1951 | Follow the Sun |
| 1952 | The Outcasts of Poker Flat |
| My Wife's Best Friend | |
| 1953 | I Confess |
| The Blue Gardenia | |
| 1954 | Carnival Story |
| 1955 | Bedevilled |
| One Desire | |
| The Spoilers | |
| 1956 | The Come On |
| The Ten Commandments | |
| A lei dos fortes | |
| 1958 | Chase a Crooked Shadow |
| 1959 | Summer of the Seventeenth Doll |
| 1960 | Cimarron |
| 1962 | Mix Me a Person |
| A gata negra | |
| 1965 | The Loner |
| 1966 | Seven Vengeful Women |
| 1967 | The Busy Body |
| 1971 | Fools' Parade |
| The Late Liz | |
| 1979 | Nero Wolfe |
| 1980 | Jane Austen in Manhattan |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anne Baxter |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Anne Baxter na IMDb (en inglés).
- Anne Baxter en Virtual History