Anna Atkins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anna Atkins
Nacemento16 de marzo de 1799 e 1797
Lugar de nacementoTonbridge
Falecemento9 de xuño de 1871 e 1871
Lugar de falecementoKent e Reino Unido
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino Unido
Ocupaciónfotógrafa, ilustradora, botánica, escritora e botanical collector
PaiJohn George Children
CónxuxeJohn Pelly Atkins
Na rede
WikiTree: Children-89
editar datos en Wikidata ]

Anna Atkins, nada en Tonbridge, no Condado de Kent (Inglaterra), o 16 de marzo de 1799 e finada o 9 de xuño de 1871, foi unha bióloga e botánica inglesa.

Está considerada a primeira muller fotógrafa da historia. Tamén é a primeira persoa en publicar un libro ilustrado con fotografías, un libro escrito á man e publicado en 1843 baixo o título de "Fotografías de las Algas Británicas: Impresiones Cianotipos", do que se editou só un reducido número de exemplares.

Biografía[editar | editar a fonte]

A nai morreu durante o parto, polo que tivo que ser criada polo seu pai, John George Children, químico, minerólogo e zoólogo. Déuselle o nome do pai a un mineral, a childrenita, e a unha serpe australiana, a pitón de Children (Antaresia childreni).

Unha das cianotipias do seu libro British Algae: Cyanotype Impressions (1843)

En 1842, John Herschel, amigo da familia, inventou o proceso fotográfico coñecido como cianotipia, co obxectivo de resolver a dificultade de realizar debuxos precisos de especies vexetais con destino a traballos científicos. Con este método créase unha imaxe en branco sobre un fondo azul. Esta técnica foi a utilizada por Atkins en 1843 na autoedición dunha primeira entrega de fotogramas de cianotipos de algas, nun libro do que só se editaron unhas doce copias, unha delas conservada no National Media Museum de Bradford, Inglaterra. Posteriormente publicou máis entregas da serie British Algae, así como outros libros, como Cianotipias de las Plantas con Flores y Helechos Británicos y Extranjeros (1854).

O seu traballo foi o primeiro intento de plasmar imaxes da forma máis obxectiva posible, achegando un valor non só científico senón tamén artístico.

Morreu con 72 anos de idade, o 9 de xuño de 1871, de parálise e reumatismo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]