Anjar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Anjar
Anjar - Cardo vu du nord 2.jpg
O cardo máximo de Anjar
[[Ficheiro:
Anjar en Líbano
Anjar
Anjar
|300px]]
Localización do sitio
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísLíbano Líbano
Localización33°43′33″N 35°55′47″L / 33.72583, -35.92972
TipoCultural
CriteriosIII, IV
Inscrición1984 (8ª sesión)
Rexión da UNESCOEstados árabes
Identificador293
A rúa principal en Anjar

Anjar (árabe: عنجر / ALA-LC: ‘Anjar; armenio: Անճար francés: Anjar, que significa "irresoluto ou río que corre"), tamén coñecido como Haoush Mousa (árabe: حوش موسى / Ḥawsh Mūsá), situado no val do Bekaa. A poboación é de 2.400 habitantes,[1] composto case por completo de Armenios. A superficie total é de vinte quilómetros cadrados. No verán, a poboación chega a 3.500 habitantes, cando os membros da diáspora armenia regresan de visita.

Historia[editar | editar a fonte]

O establecemento da cidade atribúese normalmente ao califa omeia al-Walid I a comezos do século VIII como palacio-cidade. No entanto, o historiador Jere L. Bacharach afirma que foi o fillo de Al Walid, al-Abbas, o responsable da fundación de Anjar no ano 714 d.C., citando ao cronista bizantino grego Teófanes o Confesor, que rexistrou que al-Abbas construíu a cidade.

Despois de ser abandonada en anos posteriores, Anjar foi reasentado en 1939 con varios miles de refuxiados armenios do área de Musa Dagh. Os seus barrios teñen o nome das seis aldeas de Musa Dagh: Haji Habibli, Kebusiyeh, Vakif, Kheder Bek, Yoghunoluk e Bitias. O Exército de Siria elixiu Anjar como unha das súas principais bases militares no Val de Beqaa e na sede dos seus servizos de intelixencia.

Antigüidades de Anjar[editar | editar a fonte]

Anteriormente coñecida como Gerrha, unha fortaleza construída polo Califa Al-Walid ibn Abdel Malek no século VIII, o sitio foi posteriormente abandonado, deixando unha serie de ruínas ben conservadas. O nome actual deriva do árabe "Ayn Gerrha" ou "fonte de Gerrha". As ruínas exclusivamente omeias recoñecéronse como Patrimonio da Humanidade.

Ruínas do palacio Omeia

As ruínas da cidade abranguen 114.000 metros cadrados e están rodeadas de grandes e fortificados muros de pedra de máis de dous metros de espesor e sete metros de altura. O deseño urbano rectangular de 370 m por 310 m está baseado na planificación e arquitectura da cidade romana con pedras prestadas dos bizantinos. Dúas grandes avenidas, o Cardo maximus, que vai de norte a sur, e o Decumanus Maximus, que vai de leste a oeste, dividen a cidade en catro cuadrantes. As dúas avenidas principais, decoradas con columnas e flanqueadas por preto de 600 tendas, se cruzan baixo un tetrápilo. Os plintos, árbores e capiteis do tetrápilo son spolia reutilizados no período omeia. As rúas máis pequenas subdividen a metade occidental da cidade en barrios de diferente tamaño.[2]

Monumentos principais:

  • O Gran Palacio reconstruído parcialmente, 59 m por 70 m, inclúe un muro e está precedido por unha serie de arcadas. O seu patio central está rodeado dun perístilo.
  • O Palacio pequeno, case cadrado, de 46 m por 47 m, destaca polos seus numerosos fragmentos ornamentais e pola súa gran entrada central ricamente decorada.
  • Unha mesquita, de 45 m por 32 m, situada entre os dous palacios.
  • Baños termais, de modelo romano no norte do recinto.

Os numerosos fragmentos de frisos con motivos vexetais, figurativos e xeométricos demostran que houbo ricos edificios decorados.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]