Anestesia epidural
Anestesia epidural | |
---|---|
![]() | |
Subclase de | neuraxial anesthesia (en) ![]() ![]() |
Aspecto de | saúde da muller ![]() |
Identificadores | |
MeSH | D000767 ![]() |
Thesaurus do NCI | C15642 ![]() |
WordLift | data.medicalrecords.com… ![]() |
MeSH | D000767 |
![]() |
A anestesia epidural ou peridural, tamén denominado ás veces bloqueo epidural ou administración epidural, é unha técnica anestésica e analxésica empregada fundamentalmente para o control da dor. Xunto coa anestesia espiñal ou intratecal, forma parte das técnicas anestésicas neuroaxiais, por ter como diana o neuroeixe. Recibe o nome de epidural posto que a medicación utilizada é depositada no espazo homónimo. A epidural é o principal mecanismo de analxesia obstétrica ou control da dor durante o parto, aínda que tamén se usa habitualmente como técnica analxésica en intervencións cirúrxicas como a laparotomía, para o control da dor oncolóxica ou nas unidades da dor para o tratamento da dor crónica. Polo xeral, a anestesia epidural adminístrase por un catéter inserido no espazo epidural, a través do cal se administran diferentes medicacións: anestésicos locais, opioides e outros coadxuvantes.
Após da súa popularización, sobre todo en pacientes embarazadas, na linguaxe coloquial abreviouse a técnica como "epidural" (p. ex. "poñer a epidural").
Historia
[editar | editar a fonte]O neurólogo estadounidense James Leonard Corning (1855-1923) foi o primeiro en realizar un bloqueo neuraxial en 1885 cando inxectou 111 mg de cocaína no espazo epidural dun voluntario. En 1921 o cirurxián militar español Fidel Pagés (1886–1923) desenvolveuna converténdose así no inventor desta técnica, de acordo á sociedade científica internacional. Ademais desenvolveu a anestesia lumbar epidural de inxección única que logo popularizou o cirurxián italiano Achille Mario Dogliotti (1897–1966). O primeiro uso dunha anestesia de caudal continuo durante un parto foi en 1942 e foi desenvolto por Robert Andrew Hingson (1913-1996) e Waldo B. Edwards. En 1947, o cubano Manuel Martínez Curbelo.
Uso
[editar | editar a fonte]A anestesia epidural ten diferentes usos médicos.
No traballo de parto emprégase habitualmente se a muller o solicita. A anestesia epidural durante o parto presenta numerosos beneficios, como o control da dor provocada polas contraccións. Ademais, é unha técnica que permite anestesiar a barriga no caso dunha eventual cesárea. Tamén produce anestesia no caso de seren necesarias medidas máis invasivas como a instrumentación do parto con fórceps ou ventosas ou a realización de episiotomías.
A epidural tamén se emprega para o control da dor en intervencións cirúrxicas que son potencialmente dolorosas, como laparotomías con grandes incisións na cavidade abdominal, intervencións traumatolóxicas nos membros inferiores ou cirurxía xinecolóxica ou urolóxica.
Técnica
[editar | editar a fonte]
A epidural insírese no espazo epidural, o cal se atopa no interior do canal espiñal pero xusto por enriba da duramáter. En contacto coa superficie interna da duramáter atópase a membrana aracnoides, a cal contén o líquido cefalorraquídeo.
En adultos, a epidural realízase inserindo unha agulla de diferentes tamaños nas costas do paciente, entre as diferentes apófises espiñosas das vértebras. Dita agulla é inserida até chegar ao espazo epidural, un espazo virtual que xera nnha presión negativa con respecto ás estruturas veciñas. Unha vez alcanzado o espazo epidural, insírese por dentro da agulla un catéter, denominado catéter epidural. Unha vez inserido o catéter, o cal permanecerá no espazo epidural o tempo que precisa, procederase a retirar a agulla. O catéter epidural permite a inxección de medicamentos ao seu través.
Para a inserción e colocación da epidural é preciso unha desinfección e unha técnica aséptica para evitar infeccións. A epidural está contraindicada en casos no que o paciente ou a xestante teña alteracións analíticas que propicien un maior risco de sangrado, como a plaquetopenia ou a alteración da coagulación.
Complicacións
[editar | editar a fonte]Polo xeral a anestesia epidural apenas ten complicacións, e estas polo xeral só aparecen cando non se toman as medidas pertinentes. Entre as máis importantes, destacan:
- Punción dural accidental (PDA): consiste na punción do espazo espiñal ou subaracnoideo en lugar do espazo epidural. Trátase dunha complicación leve, que pode ter como consecuencia unha dor de cabeza denominada [[cefalea postpunción dural), que se caracteriza por presentarse durante a bipedestación e ceder en posición deitada.
- Infección ou absceso epidural: trátase dunha complicación moi infrecuente pero potencialmente grave. É fundamental a desinfección cirúrxica meticulosa antes da realización da técnica para evitar esta complicación.
- Hematoma epidural: é unha complicación moi infrecuente pero grave, que pode provocar lesións neurolóxicas como paraplexía. De aparecer, pode requirir unha intervención urxente para realizar unha laminectomía descompresiva.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anestesia epidural ![]() |