Saltar ao contido

Antropocentrismo

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antropocentrismo
 Instancia de
 Subclase de
Códigos e identificadores
Freebase/m/01b6jb Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC7807463 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 76166
Wikidata C:Commons
A árbore da vida de Haeckel, que coloca o ser humano como centro de todas as cousas.

O antropocentrismo[1] é a doutrina que sitúa o ser humano como medida de todas as cousas; así a natureza humana, a súa condición e o seu benestar, é dicir, as súas peculiaridades en relación a outros seres vivos, serían os únicos principios de xuízo segundo os que deben avaliarse os demais seres e en xeral a organización do mundo no seu conxunto.[2] Sitúase no centro da visión global de todas as cousas, é dicir un paradigma ou modelo de realidade no que se pon a especie humana como protagonista da historia e do presente. Que sexa o centro do presente fai que se tomen decisións en base unicamente aos intereses humanos, é dicir o ser humano como único receptor de valor relevante e por conseguinte o fin absoluto da existencia. Así a natureza humana, a súa condición e o seu benestar, é dicir, as súas peculiaridades en relación a outros seres vivos, serían os únicos principios de xuízo segundo os que deben avaliarse os demais seres e en xeral a organización do mundo no seu conxunto. Con isto refírese a que se entran en conflito preferencias humanas e preferencias de calquera outra entidade natural prevaleza o ser humano como o correspondente a cobrar tales beneficios.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para antropocentrismo.
  2. Steiner, Gary. 2010. Anthropocentrism and its discontents: The moral status of animals in the history of western philosophy. Pittsburgh: University of Pittsburgh Press.