El Imparcial (1867)
El Imparcial Diario liberal | |
---|---|
Tipo | diario |
Fundación | 16 de marzo de 1867 |
Remata | 1933 |
Fundador | Eduardo Gasset y Artime |
Colaboradores | Xeración do 98: Unamuno, Maeztu, Azorín, Pío Baroja… |
Tendencia | Liberalismo |
Lingua | Castelán |
Localidade | r/ de Mesonero Romanos e rúa Duque de Alba, 4 (Pª de Tirso de Molina). |
Ámbito | Madrid |
Prezo | 5 céntimos |
Tiraxe | 122 635 (o 31/7/1900) |
ISSN | 2171-0244 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Imparcial foi un diario de ideoloxía liberal fundado polo galego Eduardo Gasset y Artime o 16 de marzo de 1867[1] e desaparecido en 1933. Foi un dos primeiros diarios de empresa, en contraposición aos diarios de partido.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi o diario de maior difusión e influencia durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo, mais comezou a perder prestixio debido aos seus vaivéns políticos, e especialmente tralo nomeamento do seu director, Rafael Gasset Chinchilla como ministro de Fomento de Francisco Silvela, en 1900. Trala súa instalación inicial na rúa de Mesonero Romanos, trasladouse a súa sede ao edificio madrileño deseñado por Daniel Zavala Álvarez na rúa Duque de Alba, 4 (praza de Tirso de Molina).
Tivo na sección cultural Los Lunes de El Imparcial a máis importante en lingua castelá durante décadas, coa colaboración habitual da plana maior da Xeración do 98: Miguel de Unamuno, Ramiro de Maeztu, Azorín, Pío Baroja…
Formou, canda El Liberal e o Heraldo de Madrid, a Sociedade Editorial de España,[1] tamén coñecida como o "Trust", sendo, dos tres, o que estaba situado á dereita cun público máis burgués, temeroso de movementos obreiros e novos nacionalismos. Foi dirixido tamén polo xeneral Luis Bermúdez de Castro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Esteve Ramírez 1989, p. 335.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: El Imparcial |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cruz Seoane, María (1996, 1998). Historia del periodismo en España. T. 3. El siglo XX: 1896-1936. Alianza Editorial. ISBN 84-206-8178-4.
- Esteve Ramírez, F. (1989). Á. Bahamonde e L. Otero, ed. Prensa y movimientos sociales en la última etapa de la Restauración (PDF). La sociedad madrileña durante la Restauración. 1876-1931 II (Consejería de Cultura de la Comunidad de Madrid). pp. 333–343. ISBN 84-86635-10-1.