Ana García Armada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ana García Armada
Nacemento17 de xuño de 1970
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Politécnica de Madrid
Ocupaciónenxeñeira, científica e investigadora
editar datos en Wikidata ]

Ana García Armada, nada en Santiago de Compostela o 17 de xuño de 1970, é unha enxeñeira de telecomunicacións e investigadora galega, especializada en comunicacións móbiles de banda larga e tecnoloxía 5G. É catedrática de Teoría do Sinal e Comunicacións na Universidade Carlos III de Madrid.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Enxeñaría de Telecomunicación pola ETSI de Telecomunicación da Universidade Politécnica de Madrid en 1994 e obtivo o doutoramento no Departamento de Sinais, Sistemas e Radiocomunicacións da mesma universidade en 1998, ano que pasou a formar parte como docente e investigadora da Universidade Carlos III de Madrid onde en 2019 desenvolve o seu traballo centrada no ámbito das comunicacións móbiles de banda larga.[1]

Realizou estancias de investigación na Universidade Stanford, no laboratorio de investigación electrónica Bell Labs formando parte equipo que obtivo o terceiro posto no premio de innovación "Bell Labs Prize 2014" e a Universidade de Southampton.[2]

En 2019 traballa como catedrática de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade Carlos III de Madrid, responsábel do Grupo de Comunicacións e exerce como profesora.[1][3]

Investigación[editar | editar a fonte]

Ana García Armada deseña algoritmos, fórmulas matemáticas de codificación de información que usan as tecnoloxías como a televisión dixital terrestre, as conexións Wifi ou a tecnoloxía ADSL.[4] É investigadora principal de varios proxectos nacionais e internacionais. É responsábel do proxecto europeo TeleRescuer[5][6] onde se desenvolveu un robot teleoperado capaz de realizar rescates no interior dunha mina.[7][8]

En 2015 formou parte do equipo que logrou a patente MIMO HUB da Universidade Carlos III que elaborou unha chaqueta capaz de multiplicar por dez a velocidade de subida de contidos de dispositivos móbiles e que permite que unha peza, onde se camuflan decenas de antenas, poida conectarse a calquera terminal móbil para aumentar a súa velocidade de transferencia de datos, reducir o consumo de enerxía e mellorar a súa fiabilidade.[9][10][11]

Tamén liderou un proxecto destinado a dotar de capacidade Li-Fi[12] os farois da rúa, unha técnica que utiliza díodos emisores de luz (LED) para a transmisión de datos en código binario mediante rápidos escintileos imperceptíbeis para o ollo humano.[13] Ademais, é coordinadora no proxecto TeamUp5G, unha iniciativa europea (European Training Network, ETN) para investigar e formar en redes de telefonía móbil 5G.[14] [15]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 2010: Premio de Excelencia do Consello Social da Universidade Carlos III de Madrid na modalidade de Mozos Investigadores.[16]
  • 2014: Terceiro posto no premio de innovación Bell Labs Prize.[17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Ana García Armada | Full Professor. Universidad Carlos III de Madrid" (en inglés). Consultado o 2019-03-07. 
  2. "Ana García Armada". Consultado o 2019-04-08. 
  3. Castillejo, David G. (2019-03-28). "REGIONAL / La UC3M coordina un proyecto europeo para investigar y formar en redes móviles 5G". Noticias para Municipios (en castelán). Consultado o 2019-04-08. 
  4. "Investigadores MI+D: ANA GARCÍA ARMADA". www.cienciatk.csic.es. Consultado o 2019-04-08. 
  5. "‘Science is also fun and can be used to solve many of society’s needs’". Scienmag: Latest Science and Health News (en inglés). 2018-09-19. Consultado o 2019-04-08. 
  6. "TeleRescuer - system for virtual teleportation of rescuers". www.telerescuer.polsl.pl. Consultado o 2019-04-07. 
  7. "La ciencia también es divertida y puede usarse para resolver muchas de las necesidades sociales". www.madrimasd.org (en castelán). 2018-08-22. Consultado o 2019-04-07. 
  8. CV (2016-11-08). "Realidad virtual o telepresencia en el 5G". Catalunya Vanguardista (en castelán). Consultado o 2019-04-08. 
  9. "Chaqueta para multiplicar por diez la velocidad de los dispositivos móviles - - tecnicaindustrial.es". www.tecnicaindustrial.es. Consultado o 2019-04-08. 
  10. Cadena Ser (2015). "Entrevista a Ana García Armada". 
  11. Press, Europa (2015-03-26). "Multiplicar por diez la velocidad de subida de dispositivos móviles". www.europapress.es. Consultado o 2019-04-08. 
  12. "Realidad virtual o telepresencia en el 5G". Catalunya Vanguardista (en castelán). 2016-11-08. Consultado o 2019-04-08. 
  13. "Li-Fi: un mundo conectado a la velocidad de la luz". El Huffington Post (en castelán). 2016-04-03. Consultado o 2019-04-07. 
  14. "La UC3M coordina proyecto de investigación y formación europeo sobre el 5G". La Vanguardia. 2019-03-30. Consultado o 2019-04-08. 
  15. "Iniciativa internacional para investigar y formar en redes móviles 5G". www.dicyt.com. Consultado o 2019-04-07. 
  16. "RESOLUCIÓN (Premios de Excelencia 2010 del Consejo Social)" (PDF). 
  17. Bresalier, Deborah. "Nokia Bell Labs: 2014 Bell Labs Prize Winners". www.bell-labs.com (en inglés). Consultado o 2019-04-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]