Ana Carolina Reston

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ana Carolina Reston
Nacemento 4 de xuño de 1985
Lugar São Paulo, Flag of Brazil.svg Brasil
Falecemento 15 de novembro de 2006 (21 anos)
Lugar São Paulo
Nacionalidade Brasil
Ocupación Modelo
editar datos en Wikidata ]

Ana Carolina Reston Macan, nada en São Paulo o 4 de xuño de 1985, e finada o 15 de novembro de 2006, foi unha modelo brasileira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Reston naceu no seo dunha familia de clase media de Jundiaí, nas aforas de São Paulo. Con 13 anos, comezou a súa carreira de modelo despois de gañar un concurso local de beleza. Foi representada por axencias como Ford, Elite e L'Équipe, en países como China, Turquía, México e Xapón, a apareceu en campañas publicitarias de Giorgio Armani.

En xaneiro de 2004, Reston fixo a súa primeira viaxe a Guangzhou, China. Mentres facía un casting na cidade, achacóuselle estar 'demasiado gorda', un criticismo que marcaría a súa caída nunha anorexia nerviosa.[1]

No momento da súa morte, Reston pesaba só 40 kg e medía 1,73m, e fora hospitalizada dende o 25 de outubro de 2006 por malfunción dos riles, producida pola anorexia nerviosa e a bulimia nerviosa que padecía. A súa dieta baseábase só en mazás e tomates. A súa situación fíxose cada vez máis grave, e unha infección xeralizada levouna á morte con 21 anos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]